Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXI) : “Modesto Hermida García”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

31-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Modesto Hermida García (Vales, San Cristovo de Cea, Ourense, 1946).

Vinculado profesionalmente ao mundo do ensino, estudou na Escuela de Magisterio de Ourense (máis tarde reconvertida a Formación del Profesorado de E.G.B.). Deseguido, en 1968, aprobou o exame para Maestro Nacional, sendo destiñado primeiramente en Asturias, ao mesmo tempo que completaba estudios de Filosofía e Letras “por libre”, na rama de Filología Románica na Universidade de Oviedo e máis tarde na de Santiago de Compostela.

En 1982 superou as oposicións a profesor adxunto de lingua e literatura galega, exercendo no instituto de Redondela. En 1988 comezou a traballar como inspector de Bacharelato na Consellería de Educación.
En 1992 adquiriu a condición de catedrático de instituto de Lingua e Literatura Galega. Xa en 1993 foi profesor de Filoloxía Galego-Portuguesa na Escola Universitaria da USC, e en 1995 leu a súa tese de doutoramento en Filoloxía Románica tamén pola USC.

Regresou ao cargo de inspector na Consellería de Educación para xubilarse en 2012. Como activista, primeiro no eido político, na década dos 70 militou no Partido Comunista e máis en Comisións Obreiras. Xa no eido cultural, formou parte da primeira directiva do PEN Club Galicia en 1990. Entre 1987 e 1992 foi director literario de Ir Indo Edicións. Por eses anos foi colaborador do programa cultural da TVG, Visións e tamén do Diario Cultural da Radio Galega. Xa en 1996 recibiu o premio da Crítica-Galicia na categoría de Investigación. Colaborou en varios xornais galegos, en particular no Faro de Vigo.


Con obra maioritaria na súa faceta de ensaísta e investigador, tense centrado sobre todo, en estudos de historia literaria, e ten colaborado en numerosas obras colectivas.

Como autor en solitario, destacan, entre outros, “As revistas literarias en Galicia na Segunda República” (Castro, 1987), “Castelao e Os dous de sempre” (Galaxia, 1990), “A prensa en galego” (Xunta de Galicia, 1993), “Narrativa Galega: Tempo do Rexurdimento” (Xerais, 1995), “Nas ondas de Galicia” (Ir Indo, 2009), “Xesús Alonso Montero (Palabras e compromiso)” (Ir Indo, 2010), e “No fío da navalla e outros poemas” (Ir Indo 2010) e xa en 2018, “O tempo escuro”, no que aborda un aspecto pouco tratado na súa obra como é o da ficción.

No 2015, Ir Indo publicou tamén o volume con textos de numerosos autores, “Polos vieiros das palabras. Homenaxe a Modesto Hermida” coordinado por Alonso Montero con ilustracións de Antón Pulido. [A foto é un anaco dun retrato obra de Xoán Carlos Gil para La Voz de Galicia].





Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Cesáreo Sánchez Iglesias”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Francisco Fumega Piñeiro”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVIII) : “David Otero Fernández”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVII) : “Carlos Montes Marqués “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVI) : “Juan José Docampo Nóvoa “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXV) : “Carlos A. Rodríguez Calvo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIV) : “Perfecto Sulleiro González “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIII) : “Laura Novelle “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXII) : ” Mariña Arbor Aldea”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”

Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”

Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”

O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “

O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “