Leiro contará cun pozo e unha cisterna para garantir o subministro de auga no Salgueiral e no Mesón

O Concello de Leiro e a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo asinaron un convenio de colaboración para acometer o proxecto denominado Construción dun pozo e cisterna para rega, que ten como obxecto a construción dun pozo de barrena e unha cisterna para incrementar o volume de auga captado e contribuír a resolver parte dos problemas producidos pola seca estival. As actuacións contarán cunha subvención que ascende a 40.000 euros.

A solicitude feita polo concello responde á grave situación na que se atopan dous espazos públicos de Leiro, que contan con numeroso arboredo, nunha contorna de marcado carácter paisaxístico ás beiras do río Avia, como consecuencia do insuficiente caudal de auga. Nestas áreas existen desde hai moitos ano numerosas árbores de ribeira que lle dan un carácter único á zona, e teñen un importante valor ambiental e paisaxístico.

AVANTAR ACTIVIDADES

As prioridades de abastecemento á poboación, principalmente do novo centro de día e da
residencia de maiores, que deben contar con subministración suficiente e adecuada, xustifica a necesidade de dotar o sistema de rega dunha fonte alternativa que resulta necesaria e urxente para o éxito da repoboación das árbores de ribeira e a recuperación ambiental da zona. Co fin de dotar auga para o sistema de regadío destas dúas áreas recreativas do Salgueiral e Mesón, que abrangue tamén a contorna do campo de fútbol, cómpre executar un pozo de barrena que abastecerá unha cisterna para a subministración de auga para o sistema de rega existente, alimentado cun equipo de presión situado nas instalacións deportivas.


VIDEO SPOT LEIRO en BADAL TV

CONCELLO DE LEIRO