Baños de Molgas acollerá a duodécima edición da súa andaina solidaria en favor de “Duchenne España

Os organizadores da proba presentaron hoxe, no Pazo Provincial, ao deputado de Deportes os detalles da proba. que se celebrará o 29 de outubro 

Ourense, 20 de outubro de 2023.- O municipio de Baños de Molgas acollerá o vindeiro 29 de outubro a duodécima edición da súa andaina solidaria, que se celebrará en favor da a asociación “Duchenne Parent Project España”. Os organizadores da proba presentáronlle hoxe no Pazo Provincial os detalles da mesma ao deputado delegado de Deportes, César Fernández. Na xuntanza estiveron o alcalde e o concelleiro de Deportes de Baños de Molgas, Manuel Fernández e Jose María Núñez, respectivamente; e a tesoureira da asociación, Milagros Garrido. 

AVANTAR ACTIVIDADES

A proba ofrece aos participantes dous posibles percorridos: un de 19 quilómetros de dificultade media/alta; e outro de 11 quilómetros de dificultade media, para adaptarse a todos os públicos. A saída realizarase en ambos casos ás 9.00 horas desde a Estación de Ferrocarril e, ao remate da andaina, realizaranse sorteos entre os asistentes.  

O Concello de Baños de Molgas, como entidade organizadora da proba, estima unha participación dun cento de persoas. O diñeiro recadado con esta proba irán destinados integramente á investigación da distrofia muscular de Duchenne e Becker. 

Os interesados en participar poderán anotarse por un custe de 10 euros (que inclúe os gastos da proba e o donativo) a través da app Saudeter ou chamando ao Concello de Baños de Molgas (988 43 00 00). 

Baños de Molgas acollerá a duodécima edición da súa andaina solidaria en favor de “Duchenne España” 