Beariz rexistrou onte un falecemento. O Carballiño baixa un caso ata os 7 positivos de Covid-19

coronavirus

O Concello do Carballiño baixa un caso activo, para situarse con 7 contaxiados. Isto amosa que a situación está estabilizada en canto a contaxios novos e altas, cunha cifra que se remonta a inicios do mes de setembro. A comarca mantén os casos globais, con 46 persoas contaxiadas.

O foco preocupante segue en Beariz, aínda que na xornada de hoxe baixou dous casos ata os 32. A maioría de estes casos proveñen da Residencia San Antonio, que ten tanto residentes coma traballadores contaxiados. Trátase do foco que reúne a maioría dos casos da comarca. Onte notificouse o único falecemento da provincia, unha usuaria desta residencia, de 95 anos de idade.   

AVANTAR ACTIVIDADES

O resto de concellos mantéñense estables. Boborás conta a día de hoxe con dous positivos; Maside ten un total de catro contaxiados; San Cristovo de Cea mantén un caso. Punxín e San Amaro están libres de coronavirus, ós que se sumou onte O Irixo, que tamén está libre de Covid e ó que se sumou esta fin de semana Piñor.