A primeira reunión da xunta directiva da asociación en defensa do Asilo reúnese este mércores

Este mércores día 6 de xullo de 2022, terá lugar a primeira xuntanza do órgano directivo a Asociación para a Defensa do Asilo do Carballiño.

A intención é acordar e poñer en marcha a estratexia para poder acadar os obxectivos principais cos que esta nace:

AVANTAR ACTIVIDADES
  1. Cumplir cos fins do Padroado creado polos Irmáns Prieto
  2. Garantir a asistencia aos maiores necesitados da comarca do Carballiño, con transparencia e obxectiviidade.
  3. Exixir ao Padroado o cumplimento da legalidade e a transparencia obrigada pola Lei de Fundacións de Interese Público de Galicia.
  4. Demandar a corrección de tódalas irregularidades detectadas na modificación de Estatutos.
  5. Promover actuacións para difundir a figura e os obxectivos do Padroado dos Irmáns Prieto, así coma garantir á cidadanía do Carballiño a continuidade de dito Padroado de acordo coa Acta Fundacional.
  6. Facer un seguimento pormenorizado da situación económica do Padroado e da Fundación.
  7. Creación de páxina web para dar transparencia a todo tipo de actividades, balances económicos, sociais e patrimoniais.
  8. Exixir á actual dirección o cesamento da conflictivadade laboral a través do diálogo e a procura de consenso, dada a repercusión desta situación sobre os anciáns acollidos na institución.