O club Aehde abre a inscrición para a súa escola de patinaxe

Un ano máis o Club Aehde O Carballiño abre o prazo de inscrición para a escola de patinaxe artística e este ano engádelle a escola de patinaxe en liña.

Publicidade

A escola de patinaxe artística arrancará o próximo 21 de setembro e escola de patinaxe en liña (velocidade e freestyle), en datas similares, e para ambas xa se pode formalizar a inscrición.

Todos os interesados deben poñerse en contacto co club no correo info@aehde.com, nas súas redes sociais da entidade ou no teléfono 611 004325 onde recibirán toda clase de información.