A Oficina de Turismo do Carballiño abrirá esta Semana Santa con visitas guiadas

Esta Semana Santa a Oficina de Turismo do Carballiño abrirá o xoves ao público en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

Realizaranse dúas saídas diarias guiadas dende a oficina para un percorrido urbano que porá en valor cultura, historia e gastronomia, poñendo o foco no recoñecemento internacional da Festa do Pulpo.

AVANTAR ACTIVIDADES

As visitas serás os xoves, venres e sábado de 10.00 a 11.00 e de 19.00 a 20.00 horas.