A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, realizou hoxe unha visita institucional ao concello ourensán de Beade. No marco desta visita, coñeceu o edificio de prestación de servizos municipais das Regadas, no que se levaron a cabo melloras de relacionadas coa súa funcionalidade, accesibilidade e eficiencia enerxética, ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público.
Esta orde permite aos concellos de menos de 30.000 habitantes crear e mellorar infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.
















