As traballadoras do asilo e representantes da CIG maniféstanse no Obispado

IES CHAMOSO LAMAS

Hoxe martes, traballadoras da Fundación Irmáns Prieto, o Asilo do Carballiño, e representantes sindicais da CIG, concentráronse diante do Obispado de Ourense para seguir denunciando a que cualifican como “política de acoso e represora” da actual Dirección do Asilo.

A razón de acudir ao Obispado reside en que a entidade é o presidente do Padroado que goberna a Fundación do asilo, polo que afirman que a súa inacción convérteo en cómplice da situación pola que se están manifestando.

HIPER MASIDE