Galicia descende os casos activos ata case baixar da barreira dos 2.000 contaxios

A comunidade galega rexistra hoxe 90 contaxios novos, un lixeiro descenso con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 2.052, unha cifra que descende case un centenar de casos con respecto a onte. Do total de pacientes positivos en Galicia, 15 (-5) están en UCI, 83 (-4) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un leve repunte. A provincia rexistra hoxe 17 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais suman catro persoas con respecto a onte, ata os 168 casos totais. Nos hospitais hoxe a situación amosa un descenso. Contamos con 7 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (-2) na UCI.