A Asamblea do BNG reelixe a Xacobe Ribeiro como responsable comarcal

O BNG do Ribeiro, en Asemblea aberta a toda a militancia o 19 de Novembro, escolleu novo organismo de dirección. O edil nacionalista no Concello de Leiro, Xacobe Ribeiro, continuará como máximo responsable da organización na comarca. Como vicerresponsable comarcal foi eleita a representante do BNG no Concello de Ribadavia, Maite Rodríguez.

Deste xeito termina un proceso de renovación da dirección comarcal no que participou a imensa maioría da afiliación da organización da comarca.

Este novo Consello comarcal enfronta os retos de continuar pelexando, tanto nas rúas como nas institucións, por unha comarca con futuro.

PUBLICIDADE ELECTORAL