O grupo socialista esíxelle á Xunta que empregue os fondos de recuperación para “cambiar a política económica”

IES CHAMOSO LAMAS

O grupo socialista esíxelle á Xunta que empregue os fondos de recuperación para “cambiar a política económica” co obxecto de reverter o crecente empobrecemento da poboación galega

Juan Carlos Francisco reclama impedir o peche de servizos públicos na Galicia do interior sen contar antes cun informe do CES ou sen que se ditamine por Lei

OZOCOgz Deseño Galego

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2021. O portavoz de Economía do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, esixiulle hoxe ao goberno galego que empregue os inxentes fondos de recuperación que está a recibir Galicia para mudar a política económica na dirección de reverter o crecente empobrecemento da poboación galega. Francisco presentou unha interpelación no Pleno do Parlamento para demandar unha nova política económica.

O responsable socialista criticou a falla de política económica por parte do goberno galego, máis preocupado de “privilexiar ás rendas máis altas” bonificando a fiscalidade para as rendas superiores mentres 26 comarcas do interior se enfrontan á perda do 30 por cento da poboación nun prazo de 15 a 20 anos. Reivindicou así novas solucións que primen o investimento de I+D+i, a política educativa, económica e a cohesión social e territorial.

Juan Carlos Francisco reclamoulle ao goberno galego que paren co peche de servizos públicos no interior, “garantindo por Lei que non se poida pechar calquera servizo en calquera lugar onde residan cidadáns galegos sen un informe do CES ou sen que o estableza por lei”. Sinalou a urxencia de tomar medidas tamén no plano fiscal “deixando de privilexiar ás rendas altas” para impoñer o principio de equidade e progresividade” e frear as taxas de desigualdade de Galicia.

O parlamentario socialista alertou do aumento galopante da pobreza en Galicia, onde no ano 2019 o 24,3 por cento da poboación, case un de cada catro galegos, está en risco de pobreza, 32.698 persoas máis que no ano anterior, e o 19,8 por cento da poboación total ingresa menos de 522 euros ao mes. Naquel mesmo ano había en Galicia 212.000 galegos e galegas en situación de pobreza severa, un 7,9 por cento máis que no ano anterior.

Levou ao Parlamento o informe da Rede Galega Contra a Pobreza, que alerta dunha “auténtica emerxencia social en Galicia, con 61.400 fogares galegos inseguros ou en situación de inseguridade”, mentres o 67 por cento dos galegos e galegas de 15 a 37 anos “viven na casa sen posibilidade de emanciparse”.