Os premios D.O. Ribeiro celebran a súa X edición e premian o labor de Manuel Villanueva

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta Gala especial de X aniversario celebrarase no Auditorio Municipal de Ourense , o vindeiro 25 de novembro.

. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro ten todo listo para a edición dos seus Premios D.O. Ribeiro que neste 2021 celebran a súa décima edición, e que se celebrarán por vez primeira na cidade de Ourense; concretamente o xoves 25 de novembro, ás 19.00 horas e no Auditorio Municipal.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Unha ocasión moi especial, como é a celebración da décima edición destes consolidados galardóns, terá tamén unha celebración diferente. Despois de que o pasado ano 2020, por mor da pandemia, estes premios se entregasen nun evento híbrido, no que participarán en directo un reducido número de persoas, nesta ocasión moitos amigos da D.O. Ribeiro poderán asistir presencialmente a este acto tan senlleiro.

Manuel Villanueva, Director xeneral de contidos de Mediaset España será recoñecido co Premio ‘Persoeiro de Honra’.

Manuel Villanueva (Marín, Pontevedra, 1957) estivo unido sempre aos medios de comunicación. A súa traxectoria profesional comezou na radio: Radio Pontevedra (Cadena SER), Radio 80 Pontevedra, Radio Autonómica Galega. En televisión traballou en TVG, Telecinco, Canal+, Antena 3 e na actualidade é director xeneral de contidos de Mediaset España. En prensa foi director da revista de abonados de Canle +, colaborou en Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia, La Región de Ourense, Faro de Vigo, a Revista  Luzes de Galicia, a revista Tapas e actualmente ten unha sección semanal no diario dixital Nius, “Palabra de Viño”.

É Embaixador Nacional do Viño (FENAVIN 2015), Confrade da D.O. Monterrey (Ourense), Confrade do Capítulo da Confraría de Viños de Cangas del Narcea, Membro do Capítulo Serenísimo do Albariño e Padriño da Vendima 2016 de Dehesa de los Canónigos (Ribera del Duero).

Colabora asiduamente con  FENAVIN moderando mesas redondas sobre o viño en España e participou en numerosas ocasións como xurado do Concurso Nacional de Tapas, Madrid Fusión e Salón do Gourmet.

É autor dos libros, “Polo Camiño Primitivo” (Ed. Galaxia, 2009) e “Palabra de Viño” (Muddy  Waters, 2020).

Sucederá deste xeito aos anteriores homenaxeados nesta categoría dende o ano 2012: José Luis Hernáez Mañas, Paco Rego, Josep Roca, os restaurantes galegos con Estrella Michelin, Cristino Álvarez, Sarah Jane Evans, César Lumbreras, Paradores e Luis Paadín.

O día 25 de novembro recoñecerase tamén aos mellores viños brancos e tintos na cata oficial, de adega e de  colleiteiro, da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Ademais entregaranse os premios “Mellor servizo de viño en restaurante”, “Tenda especializada – viñoteca” e “Taberna – bar de viños”, ademáis de “Muller e viño”, “Mellor labor de comunicación”, “Vida entre Vides”, e unha nova categoría “Ribeiro entre nós”