O PSOE de Leiro reivindica o dereito a alegrarse pola dotación de banda ancha

Os socialistas consideran desmesurada a resposta do alcalde Francisco José Fernández fronte á satisfacción do seo socialista despois de coñecer por parte dos deputados e senadores socialistas en Madrid de que nas próximas datas íase proceder a realizar os traballos de mellora da cobertura de rede de banda ancha en 16 localidades de Leiro.   

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES

Os socialistas de Leiro lamentan que o alcalde desprestixie ao seu portavoz, Manuel Rodríguez, xa que este, con anterioridade á moción presentada en febreiro deste ano (que foi retirada da orde do día por estar xa feitas as xestións para ter a banda ancha), presentou outra un ano antes solicitando a instalación de rede de fibra óptica no concello e que naquel entón foi rexeitada a moción porque o alcalde alegou que naquel momento Leiro era zona non branca e que a competencia para facer algún cambio era do goberno central.