O Concello lembra a Obriga de ter Licenza para instalar Terrazas

IES CHAMOSO LAMAS

O CONCELLO LEMBRA AOS LOCAIS HOSTALEIROS A OBRIGA DE TER LICENZA PARA INSTALAR TERRAZAS E NON OCUPAR ESPAZOS DE DOMINIO PÚBLICO CON MÁIS MESAS E CADEIRAS DAS AUTORIZADAS

Coincidindo co período de solicitude de licenzas para a instalación de terrazas na tempada estacional, o concello puxo en marcha unha campaña informativa para lembrar aos titulares dos establecementos hostaleiros a obrigatoriedade de ter licenza para instalar terrazas, así como para non ocupar espazos de dominio público con máis mesas e cadeiras das autorizadas, nin acumular nestes espazos máis elementos dos autorizados ou fóra do período estipulado.

HIPER MASIDE

As licenzas de tempada anual durante este ano 2020 son do 1 de xaneiro ao 31 de decembro, e para a tempada estacional, do 4 de abril ao 31 de outubro.

As normas a aplicar están recollidas na ordenanza reguladora pola ocupación de dominio público local con mesas, cadeiras, tarimas e outros elementos análogos.