O Ribeiro mantén as mesmas cifras ca onte, con sete concellos libres de covid

Ribadavia sitúase nos 4 positivos, a mesma cifra ca onte. A capital conta co máximo da comarca, que se mantén en xeral con cifras de contención.

Cortegada conta hoxe con tres casos activos, os mesmos ca na xornada de onte.  O concello de Beade conta con 2 casos activos, os mesmos ca na xornada de onte, conseguindo reducir os 7 casos que o puxeron en alerta e en nivel máximo coma o único en toda Galicia e que hoxe o baixan de nivel.

Os demais concellos, Leiro, Arnoia, Avión, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle e Melón están libres de covid.

PUBLICIDADE ELECTORAL