San Amaro reuníu esta fin de semana a xinetes de toda Galicia nun completo programa de actividades ecuestres

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

https://fb.watch/ynKFajFbgl

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A localidade de San Amaro acolleu esta pasada fin de semana unha completa programación de actividades organizada polo Concello e tendo como eixo principal o mundo do cabalo. Mentres o sábado eran 80 xinetes de toda Galicia quenes participaban na terceira edición da ‘Ruta Cabalar’ polos enclaves senlleiros do municipio, onte, domingo, levábase a cabo, tamén con éxito, unha segunda experiencia na celebración de competicions ecuestres nas pistas abertas e habilitadas en terreos do Picouto, o monte comunal da capitalidade municipal.

As probas comezaron a primeira hora da mañá cun total de 50 participantes chegados dende diferentes localidades da provincia e do resto de Galicia, empezando coas modalidades de andainas serrada e chapeada, trote e carreira de relevos, que remataron cun xantar de confraternidade no recinto da Escola de Equitación e Equinoterapia, onde tamén se levou a cabo a entrega de trofeos aos primeiros clasificados nas competicions.

Un dos triunfadores nestas probas, César Rodríguez, procedente da Barrela, no municipio lugués de Carballedo, que con 32 anos de idade leva desde os 11 vencellado aos cabalos, destacábanos a importancia de celebrar este tipo de iniciativas: “ogallá outros concellos se animen”. Tamén se achegou dende Portugal outro xinete, Bruno Lomba, que ten en propiedade cabalos trotons que están especializados na modalidade de andaina, a diferencia dos destinados ás carreiras.

Unha iniciativa que, tal e como nos comentaba Enrique López, presidente da Asociación de Cabaleiros de San Amaro, “pretende converter ao San Amaro nun referente equino en toda a provincia de Ourense, porque aquí temos moita paixón polo cabalo e queremos que cada ano haxa máis participación”. Enrique é un dos xoves que cita o alcalde de San Amaro, Fernando Rodríguez Redondo, como impulsores desta cita da fin de semana. “O obxectivo é facer actividades que atraian xente ao noso pobo, xa que os nosos bares, restaurantes e casas de turismo rural están cheas, e iso para min é unha satisfacción como alcalde”, apunta o rexedor.