O pavillón de deportes de Ribadavia acollerá este xoves un obradoiro de apoio psicolóxico chamado “A arte de sanar”

O Concello de Ribadavia porá en marcha este xoves un obradoiro- seminario que terá oito sesións e que se chama “A arte de sanar. Desnudoloxía emocional. Cura o Teu pasado e goza do presente”. Celebrarase a partires deste xoves ás 11:00 horas no Pavillón de deportes do Consello. Será de balde e fará falla inscripción previa para asistir, que se poderá reservar no teléfono 633356161 ou no correo electrónico carolinaatuesta@gmail.com. Está destinado a todo aquel que queira potenciar a súa autoestima e centrare nunha viaxe cara á transformación dun mesmo. Estará impartido por Carolina Atuesta Castro, quen o describe coma unha invitación a mirar e afondar nas nosas vellas dolencias emocionais, que afectan inconscientemente a nosa vida diaria e as nosas relacións afectivas na actualidade

Publicidade