Óscar Paniagua acada o primeiro posto en Galicia para estudos superiores en piano

IES CHAMOSO LAMAS

Óscar Paniagua González, acadou un merecido primeiro posto a nivel Galicia para o acceso aos estudos superiores de piano. O músico e profesor do conservatorio Alfonso Medela quixo felicitar o traballo deste alumno e poñer en valor o labor que se fai día a día no conservatorio que a pesar das súas carencias consegue sacar o mellor dos seus alumnos. Entre eles destaca Medela a Christian Casas, licenciado en piano e dirección ou a Sander Ulloa, que está rematando os estudos superiores de jazz e que no seu día quedou tamén de primeiro no acceso aos estudos superiores de jazz, así como o mestre Daniel Pereira González.

OZOCOgz Deseño Galego