Días locos do CCA: hoxe sábado máis descontos en 35 comercios, música e pinchos

O Centro Comercial Aberto do Carballiño presentou onte pola mañá un novo evento: os “Días Locos”, que tiveorn lugar onte e continuarán hoxe, nas rúas do Carballiño, locais comerciais e hostaleiros.

Nel participan 35 comercios asociados ofrecendo descontos especiais e 12 establecementos de restauración e repostería en colaboración coa actividade de degustación de tapas. Ademais, as principais rúas da vila estarán amenizadas. O sábado, durante todo o día, as rúas estarán amenizadas con música e zancudos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais, realizarase o sorteo de VALES por valor de 300€ entre todas as persoas que se animen a realizar unha compra. Para iso, recibirán un ticket de participación no establecemento onde realizaron a súa compra e o sorteo realizarase o día 20 ás 12 horas en directo dende as redes sociais da Asociación.