Os centros educativos ven “inviable” a volta ás aulas con cambios no protocolo e falta de profesorado

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Consellería de Educación anunciaba a pasada semana o atraso dunha semana no inicio do curso escolar para a secundaria, o bacharelato e a Formación Profesional. Así, a volta ás aulas para estos colectivos estaba prevista para mañá, día 16, e queda posposta para o día 23. O Conselleiro Román Rodríguez aseguraba que a decisión seguía “criterios técnicos, co fin de facilitar ,a adaptación dos centros ás novas medidas de seguridade”.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Na provincia de Ourense, seis dos institutos que acollen estas tres ramas de formación mostraron o seu descontento ca situación actual á institución galega, entregando un escrito sinalado. Neste documento aseguran que é “inviable” unha volta ás aulas segura, aportando como motivos os sucesivos cambios de protocolo e sen coñecer aínda se a Xunta lles concederá o profesorado adicional solicitado para a situación actual. Entre os centros que asinan este escrito atópanse os dous institutos do Carballiño (o IES número 1 e o IES Chamoso Lamas).

Este escrito data do 11 de setembro, antes de que se tomara a decisión de atrasar o inicio do curso escolar para estos colectivos, unha decisión motivada pola presión exercida polos centros de toda Galicia. A día de hoxe, os centros seguen sen novas noticias de cómo executar parte do protocolo e de si recibirán os docentes solicitados.

No caso do IES Manuel Chamoso Lamas, a separación do alumnado obrigou a ter que desdrobar un curso, polo que a petición do seu director, José Manuel Vázquez, reside en contar con dous novos docentes para dar saída as clases que se teñen que aumentar con este desdrobamento. Ademáis, solicitou ampliar o servizo de limpeza, xa que o centro ten un horario lectivo dende as 08:45 horas ata as 22:30 horas, polo que ven necesario un reforzo neste ámbito.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------