Bando da ALCALDÍA polo CORONAVIRUS

IES CHAMOSO LAMAS

Tras a Reunión de Portavoces de todos os partidos o Alcalde Paco Fumega emite o seguinte

BANDO

MEDIDAS PREVENTIVAS CON MOTIVO DO COVID-19

OZOCOgz Deseño Galego

FAI SABER:

Ante a situación creada polo COVID-19, adóptanse a partir do próximo sábado día 14 as seguintes medidas polo Concello do Carballiño, que conlevan a suspensión de todas as actividades públicas de carácter institucional, social, cultural e deportivo, e o peche daquelas dependencias que non son de atención directa ao usuario ante as recomendacións feitas polo Goberno Central e a Xunta de Galicia.

En base a ditas recomendacións, dende o concello establécense unha serie de medidas preventivas para evitar a propagación do coronavirus  entre a veciñanza e no ámbito dos traballadores municipais.

            Así mesmo, o Goberno local constituíu un comité de seguimento presidido polo alcalde e os seus concelleiros, o responsable da Policía Local, o secretario, o interventor e os responsables doutros servizos municipais para facer un seguimento da situación no concello en tempo real.

As medidas concretas que se establecen son as seguintes:

ÁREA DE CULTURA

            Peche da Biblioteca Municipal, Casa da Cultura e Auditorio Municipal, así como suspensión das escolas de Teatro e Danza, e todas as actividades culturais, ensaios, etc.

ÁREA DE EDUCACIÓN

Peche do Conservatorio e da Escola de Musica.

           Peche da Aula CEMIT.

ÁREA DE SERVIZOS SOCIAIS

          Peche de Bo día familia e suspensión de cursos.

          Especial seguimento dos usuarios do Servizo de Atención no Fogar.

         Reforzo da Teleasistencia e seguimento especial das persoas maiores que viven soas.

ÁREA DE SERVIZOS PÚBLICOS

         Suspensión da Feira do 16 de marzo

ÁREA DE DEPORTES

         Suspensión de todas as actividades deportivas, escolas deportivas e peche das instalacións deportivas municipais.

ÁREA DE MEDIOAMBIENTE

         Peche dos parques infantís.         

ÁREA DE PERSONAL

         Seguirase o protocolo destinado ao persoal empregado público.

  • Posibilidade ausentarse posto traballo sempre que haxa informe sanitario.
  • Habilítase posibilidade de teletraballo de ser necesario.
  • Tomaranse medidas de precaución en atención ao público, co reforzo da limpeza e o mantemento de distancias de seguridade.
  • Recoméndase o lavado da mans coa frecuencia que precisen os traballadores públicos.
  • Disporase dunha distancia de seguridade de polo menos 1 metro co público,  evitándose o contacto físico
  • Tratar de controlar a afluencia de público co fin de evitar aglomeracións en zonas de espera

Manteranse abertas as dependencias de atención administrativa directa ao público, pero para evitar as aglomeracións activarase a cita previa en todos os servizos e pídese aos usuarios que eviten a cita presencial e empreguen as consultas telefónicas.

O Concello e as empresas adxudicatarias que manteñan relación contractual co concello extremarán as medidas hixiénico-sanitarias do persoal.

            Estas medidas serán efectivas nun período mínimo de 15 días, podendo ampliarse ou modificarse en virtude da evolución da situación.

O Carballiño, 13 de marzo de 2020

Francisco José Fumega Piñeiro