REMATA ESTE XOVES O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A IX ANDAINA SOLIDARIA “O CARBALLIÑO CAMIÑA POLA IGUALDADE”

Este xoves, 5 de marzo, remata o prazo de inscrición para a IX Andaina “O Carballiño camiña pola Igualdade”, que se celebrará o 8 de marzo, e que terá un recorrido de 15,7 km, cun trazado dun gran interese paisaxístico e histórico.

A inscrición é gratuita e pode realizarse  no CIM, no correo: cim@carballino.gal ou no telf. 988531076.

AVANTAR ACTIVIDADES

É absolutamente indispensable cubrir a folla de inscrición co nome, apelido, nº DNI e teléfono, pois a organización contratou un seguro colectivo, e é preciso aportar estes datos. 

Ainda que a inscrición é gratuita, por tratarse dunha andaina solidaria a prol de Cáritas, os donativos irán destinados a esta entidade benéfica.