A Feira do Stock continúa ata o sábado día 29 en 34 establecementos da vila

IES CHAMOSO LAMAS

Os establecementos asociaciados ó Centro Comercial Aberto celebran esta semana, ata o día 29 unha feira do stock, con grandes promocións e descontos en artigos de temporada, ca finalidade de liquidar o stock.

Participan 34 locais comerciáis e se farase dende o propio comercio, xa que por precaución e para evitar aglomeracións non se montará a feira na praza maior como xa é tradicional, cas casetas de madeira.

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

Ademáis o luns 31 farán un sorteo, que consiste en que todo aquel que merque nestes establecementos poderá gañar o importe desa compra en vales para consumir nas tendas asociadas. Para poder participar haberá que enviar a fotografía do ticket de compra ó correo electrónico do CCA, que é carballinocca@gmail.com .

Ademáis, esta tarde será a presentación da Plataforma marketplace desenvolta pola Federación de Empresarios de Ourense, para o comercio de proximidade, onde os negocios poderán mostrar e vender os seus productos ou servicios, onde estará como invitada especial Beatriz Gómez, presidenta da Federación. O evento terá lugar na Casa da Cultura de O Carballiño hoxe, día 26 ás 20:30h.