Carmen Rodríguez Dacosta do grupo socialista lamenta que Feijóo estea “máis preocupado por dirixir o partido socialista en Ourense que por realizar os proxectos prometidos”

Carmen Rodríguez Dacosta censura o “catálogo de promesas incumpridas” polo goberno galego logo de que Feijóo recoñecese que o parque acuático de Monterrei carece de proxecto construtivo 5 anos despois de anuncialo “a bombo e platillo”

A deputada ourensá Carmen Rodríguez Dacosta vén de lamentar que Feijóo estea “máis preocupado por dirixir o Partido Socialista en Ourense que en realizar os proxectos prometidos”. Fíxoo, hoxe, en Comisión do Parlamento, a través dunha serie de preguntas sobre o proxecto do parque acuático de Monterrei ao goberno galego.

AVANTAR ACTIVIDADES

“Case 5 anos despois do primeiro anuncio sobre esta infraestrutura, Feijóo participaba na inauguración da mellora das instalacións deportivas, onde recoñecía que a Xunta non contaba con proxecto construtivo para as instalacións acuáticas”, alertou a socialista.

Isto supón, sinalou, que logo da “propaganda a bombo e platillo”, o parque acuático de Monterrei súmase ao “catálogo de promesas incumpridas de Feijóo” en Ourense, onde xa se atopan “o Gran Hotel Balneario, o tan anunciado Ecobarrio ou o desenvolvemento do Plan Termal de Ourense, cunhas pozas pechadas pola inoperancia de Jácome e a pasividade do PP”.

“O desprezo do presidente da Xunta á terceira cidade de Galicia é palmario”, lamentou a responsable socialista, quen fixo un chamamento ao goberno galego “para que mude de actitude e se tome en serio tanto a cidade de Ourense como a provincia”. “Póñase mans á obra porque entre o desastroso e ineficaz alcalde que temos en Ourense, a pleitesía do PP cara ao mesmo e a pasividade do goberno galego na nosa cidade, a situación é insostible”.

Así a todo, Rodríguez Dacosta chamou á Xunta a levar a cabo un “impulso decidido dende as institucións” en cuestións como emprego, termalismo ou infraestruturas.