Manuel Baltar: “A rebelión do municipalismo defende a liberdade e capacidade de investimento de concellos e deputacións”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • O presidente do Partido Popular de Ourense e da Deputación acudirá mañá a Madrid, onde alcaldes, alcaldesas e titulares das deputacións de máis dez formacións políticas chegadas de toda España concentraranse diante do Congreso, onde se votará a convalidación do real decreto lei de cesión dos remanentes ao Estado “e se demostrará que o PSOE está só”.

AUDIOS BALTAR

AUDIO 1

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

AUDIO 2

  • Baltar reclama aos alcaldes e alcaldesas do PSOE que aclaren se cederon eses remanentes, “porque quero que se saiban os concellos de Ourense lle van dar os aforros dos seus veciños e veciñas ao Goberno de Sánchez”, advertindo que “un acordo tan importante non ten que ir a pleno e vale cun simple decreto da alcaldía, o que significa nocturnidade e alevosía”.

“A rebelión do municipalismo español contra a expropiación dos nosos aforros non ten outro interese que as veciñas e veciños sexan donos do seu destino, e defender a liberdade, autonomía e capacidade de investimento de concellos e deputacións naquelo que consideren máis axeitado”. O presidente do Partido Popular de Ourense e presidente da Deputación, Manuel Baltar, resumiu así o sentir unánime das administración locais, horas antes de que o Congreso dos Deputados someta a convalidación o real decreto Lei de cesión dos remanentes das administracións locais ao Estado, prevista para mañá xoves.

Unha votación que coincidirá coa concentración diante da cámara baixa de alcaldes, alcaldesas e titulares das deputacións de máis dez formacións políticas chegadas de toda España, entre os que estará o propio Manuel Baltar. Entre tanto, os representantes populares de todos os concellos da provincia manterán ao longo desta xornada concentracións diante dos seus respectivos concellos para expresar o seu rexeitamento a unha medida que “vai abertamente en contra das administracións locais, que foron quen de xerar eses aforros co seu esforzo, sacrificio e eficiente xestión para poñelos a disposición da veciñanza”.

Manuel Baltar foi máis aló e reclamou aos alcaldes e alcaldesas do PSOE que aclaren “se cederon eses remanentes, porque tiñan de prazo ata o 15 de setembro, e quero que se saiban os concellos de Ourense lle van dar os aforros dos seus veciños e veciñas ao Goberno de Sánchez, xa que ademais un acordo destas características tan importante non ten que ir a pleno e vale cun simple decreto da alcaldía, o que significa nocturnidade e alevosía”. Por suposto, engadiu, “os 60  concellos gobernados polo PP non van ser partícipes neste intercambio de cromos”.

O TRIBUNAL CONSTITUCIONAL “PORÁ DE MANIFESTO QUE HAI UNHA FLAGRANTE VULNERACIÓN DO PRINCIPIO DE AUTONOMÍA MUNICIPAL”

Para o presidente dos populares ourensáns e presidente da Deputación, “estamos ante un feito gravísimo na historia do municipalismo español, coa ruptura da unanimidade na FEMP e cun Goberno que di que non hai outra alternativa”. Non obstante, recordou Baltar, “as alternativas sempre saen do diálogo, que á súa vez se constrúe a base de propostas, e a FEMP presentou unha proposta unánime apoiada por todos os grupos políticos de como enfocar esta situación: ter a capacidade e liberdade necesarias para investir todos os remanentes, de inmediato e sen condicións, pero o Goberno afirma que non imos ter esa capacidade, que será limitada, nin automática nin inmediata no tempo e que só se podrán utilizar eses cartos naquelas cuestións que a axenda política de Sánchez e Iglesias estimen oportuno”.

O Tribunal Constitucional, confía Manuel Baltar, “porá de manifesto que hai unha flagrante vulneración do principio de autonomía municipal e que o Goberno errou, así como tamén os representantes socialistas na FEMP que tiveron que recurrir por primeira vez na historia o voto de calidade do presidente, o socialista Abel Caballero, porque as outras forzas políticas votaron en contra –PP, Ciudadanos, Junts per Cat, ou se abstiveron como Unidas Podemos sendo como son socios do Goberno central”.

O PSOE está só, remarcou Baltar, “deixando de lado aos máis de 8.100 concellos españois e ás deputacións, marxinando o medio rural porque máis do 91 % dos concellos de España teñen menos de 10.000 habitantes e aqueles que non teñan remanentes non terán posibilidade de recibir axuda algunha do Estado, que nunha crise tan importante como a pandemia non puxo un euro nas institucións locais”.

A votación de mañá, afirmou, “porá en evidencia a un Goberno que posiblemente faga unha fuxida cara adiante cunha nova proposta, pero agora xa é tempo de acción porque os concellos non poden esperar”.