O IES Nº1 promove un intercambio educativo e cultural cun centro de ESO de Alemaña

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Instituto de Educación Secundaria Número Un do Carballiño (IES Nº 1) e o Centro de Educación Secundaria Trias Schulen da vila de Elsterberg, en Alemaña, protagonizarán nos meses de marzo de xuño do vindeiro ano un intercambio educativo e cultural no que participará un total de 40 estudantes co acompañamento de profesorado. O Trias Schulen Elsterberg, é un centro de ensino integrado na rede da Saxony International School, que agrupa centros de Primaria, Secundaria e Formación Profesional do estado alemán de Saxonia, colexios internacionais e de educación plurilingüe con profesorado internacional.

O alumnado do Trias Schulen estudia castelán como segunda lingua extranxeira despois do inglés, según comenta María Caíña, do Carballiño e profesora de Español neste centro de ensino alemán, e que foi estudante do IES Nº1. Ademais de aprender a manexarse no castelán e no alemán, o obxectivo deste intercambio é que o alumnado procedente de Elsterberg coñeza e poida mergullarse nos aspectos culturais e ambientais da comarca do Carballiño e de Galicia en xeral, tendo en conta que as dúas vilas están enclavadas nunha contorna rural.

COMERCIAL ORCELLÓN

Os estudantes alemáns estarán oito días do mes de marzo na vila do Arenteiro e a expedición carballiñesa devolverá a visita do 12 ao 20 de xuño. Aínda que o alemán non figura nos contidos do IES Nº1, sí está a lingua inglesa, que pemitirá unha comunicación verbal máis fluída entre o alumnado dos dous centros, ademais de que poidan interesarse na aprendizaxe dos seus respectivos idiomas.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------