Teatro e música no anfiteatro da Veracruz, programa cultural da fin de semana

O día 5 de xuño ás 20:00 h na Praza da Veracruz terá lugar a actuación da compañía teatral Chévere ca súa obra “As fillas bravas e o mito de Casandra”. Esta produción está dentro da programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios.

O domingo, 6 de xuño, continuará a actividade cultural da mán do Conservatorio e da Escola de Música Municipal do Carballiño, que realizará o Concerto de Fin de Curso ás 13h no anfiteatro da Veracruz. Os dous espectáculos contarán cun aforo limitado e será de obrigado cumprimento a normativa en materia de seguridade e hixiene do Covid.  

AVANTAR ACTIVIDADES