O PP pide melloras da N 541

O GRUPO POPULAR PRESENTA MOCION PARA SOLICITAR AO MINISTERIO MELLORAS NA SEGURIDADE DA N541 AO SEU PASO POLO CARBALLIÑO

Publicidade

Recentemente, publicouse por parte do RACE, informe que sitúa un tramo de 10 km de N541 que transcurre entre os concellos de Maside, Carballiño e Boborás como o mais perigroso da rede de estradas nacionais.

Non é un tema novo, pois xa se ten tocado este tema en máis dunha sesión plenaria para tratar da falta de seguridade en varios puntos desta Nacional.

Propostas como facer beirarúas no tramo da ponte do cornuval, rotonda na intersección coa estrada de Longoseiros, Mellora de tramos de alumeado, controles de volocidades en varios tramos, etc. Tanto en mocions como en rogos e preguntas.

Polo tramo desta nacional pasan diariamente unha media de 4.214 vehículos e nos derradeiros 3 anos producíronse accidentes e incidencias de diversa consideración que fixo que pase a ser o tramo mais preocupante de toda a rede de estradas nacionais según o estudio presentado.

Urge que dende o Concello do Carballiño, se procure darlle seguridade a este tramo dunha nacional que é en algún tramo totalmente urbano e este asunto é competencia propia do Ministerio de Fomento.

E polo que, se pretende que se aprobe o seguinte:

PRIMEIRO: Que o Concello do Carballiño, inste ao ministerio de Fomento do Goberno de España, a que proxecte e realice melloras de señalización, iluminación, interseccións, beirarúas, controis de velocidades e todo o que se considere oportuno para a mellora da seguridade do tramo da N-541 que transcurre polo propio Concello do Carballiño.

SEGUNDO: Delegar no Sr. Alcalde todas as xestións que se precisen para estas xestions.

TERCEIRO: Se traslade este acordo aos Concellos de Maside e Boborás por si se considera facer algunha proposta conxunta sobre este tramo.