Xulio Dobarro: “a memoria recuperada: Centro de Estudos Chamoso Lamas da comarca do Carballiño (o Irixo). Reseña divulgativa

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

  A celebración do XIII congreso do Centro de estudos Chamoso Lamas os días 4,5 e 6 de outono, baixo o título de “Historia, arte e arquitectura relixiosa nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro, fíxose coincidir coa publicación de varias colaboracións que o CECHL recollera con anterioridade só o título de “A MEMORIA RECUPERADA” e da que adxuntamos cuberta e índice para xeral coñecemento dos sempre amables lectores destas liñas por se lles pode servir de utilidade, curiosidade e ánimo para achegárense ata elas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

De antemán, manifesto a miña vontade de que esta “recensión” non sexa interpretada polo CECHL, como unha crítica, senón como humilde contribución á divulgación de todas as colaboracións, que, no meu caso, teñen como interese principal aquelas que contribúen a un mellor coñecemento da intrahistoria ou memoria do concello do Irixo, e máis aínda se son da colleita de persoas do mesmo como, é o caso nesta volta.  Con respecto a elas, en primeiro lugar, os meu parabéns polo seu traballo e agradecerlles o labor de investigación que levan a cabo;  que calquera consideración que eu poida considerar ao respecto será sempre con bo fin e sen ánimo de polémica.   Segundo a orde de aparición das colaboracións, a primeira que fai algunha referencia ao Irixo é a de X. L. Sobrado Pérez: “A Granxa monacal de Gomariz”, da que practicamente só me limitarei a reproducir o mapa no que se inclúen tres das

parroquias que actualmente forman parte xunta coas outras oito, do concello do Irixo: Reádigos, Corneda e Cangues. Algunhas das razóns que poden ter que ver con esta  inclusión son as de que, Corneda, por exemplo, foi couto diferenciado do resto das parroquias do concello e dependeu de Beade e do conde Ribadavia. O resto das parroquias do Irixo, unhas estiveron adscritas á orde de San Xoán, xursidición de Pazos de Arenteiro (Reádigos, A Cidade, Parada de Labiote e Cusanca) e as outras ao conde de Monterrei da xurisdición de Orcellón (O Campo, Cangues, Loureiro, A Espiñeira e Froufe). Ademais, a totalidade das parroquias do concello actual, a excepción de Cangues, pertenceron ao arciprestado de Boborás cuxo administrador fora o párroco do Campo noutro tempo. O que quero suxerir con estas observacións -ademais de existir abondosa documentación sobre rendas e foros que persoas do Irixo mantiñan, por un lado con Pazos de Arenteiro e, por outro, con Gomariz- non resulta de todo estraño tratándose de freguesías estremeiras. 

 De seguido, un dos traballos que transcende á bisbarra do Carballiño pero ten como núcleo central para esta colección é aquel que traba a relación que o protagonista, Afranio, mantivo durante varios meses co concello de Boborás, froito da persecución á que se viu sometido polas precaucións tomadas denantes de ser, probablemente, exposto a aparecer na “cuneta” como outros, de cando o cambio de réxime da República á Ditadura franquista. O autor, Juan J. Docammpo Nóvoa, mergúllase na azarosa biografía de Antón Alonso Ríos: O Siñor Afranio. Ou como me rispei das gadoupas da morte.

 O Sr. Afranio, (alias tomado dun naturalista brasileiro, Afránio Amaral, para facerse pasar por portugés) é natural de Camporrapado (Silleda), en palabras de Juan J, “O relato que se presenta circuncríbese fundamentalamente os tres anos nos que Antón Alonso Ríos, que tomou o nome de Afranio e disfrazado de mendigo, andivo escapado. Fuxindo dos franquista, por terras de Galicia e Portugal, durante a brutal guerra civil española (1936-1939), tratando de deternos nos tempos que estivo polo Carballiño e sobre todo cando ficou en Moreiras, así como unha pequena estadía en Albarellos, ambas parroquias de Boborás, e que a nosoutros nos toca máis de cerca”.

 Efectivamente, este xogo “suxo” ás escondedelas lévao por un tempo bastante delongado a este Ribeiro alto no que se chega a integrar dun xeito incrible nas angueiras cotiás como todo o relacionado coa viña e outras tarefas comúns do devir cotián das familias que o acollen. Sorprende a súa capacidade de mimetizarse e adaptarse ás rutinas cotiás -quizais máis por necesidade que por inclinación espontánea- . Así, vémolo xogando á brisca, aloumiñando a xugada da que algunha das vacas (Marela, Cuca Gallarda) non había home que se achegase a ela  arando e observando como se “moven os marcos” . En fin, que houbo tempo para todo. Ata para a gastronomía cando pon de relevo unha tradición moi de Moreiras como é a da “Bica de millo”, da que nos deixa a súa receita. ademais da que el lle ofrece xa que por alí “descoñecían” -di el- o xeito de facer unha empanada de xoubas.

 En síntese, a autobiografía de “Afranio” non só resulta unha trepidante aventura, perigosa ao límite, senón tamén un exemplo de inmersión e adaptación ao medio que nos deixa unha lección de etnografía e léxico ricaces en clave galega . -Por iso, invitamos aos que non tiveron a ocasión de facelo antes, á lectura do artigo de Juan J. e de paso a: “Anton Alonso Ríos. O Siñor Afranio” (Edit. Deputación de Pontevedra.2019).

A feira do Tellado, tampouco foi allea á súa fuxida.

Capítulo XIII: Do Pereiro a Albarellos

“O día 17 [feira do Tellado, O Irixo], ben denantes de amencer, voltei para atrás. Pasei, inda moi escuro, a ponte da Veiga. Cruceime cun mozo e unha moza denantes de chegar a Barciela. [  ] Cando pasei polo Carballiños era claro. A iso das dez máis ou menos pasei pola feira do Tellado, onde un carniceiro [quizais dos de Cervela] deume de esmola un bo anaco de carne, que tirei ao pouco andar. Denantes de chegar á feira unha dona dérame unha preixada de peras miúdas e aínda verdes. E, sospeito que facendo para si unha asociación co anoto que eu lle causaba, díxome que ela “tamén”  tiña xente perdida polo mundo adiante. A pouco de camiñar despois que deixei a feira, atopei coa garda civil do Irixo que ía para ela. No Irixo non pedín. Seguín camiño e, xa perto da noite, cheguei a Xurenzás” (O camiño que debeu seguir é o que viña dos Carballiños ata o Foxo do Cabrito -variante do Camiño Real- ou dos Arrieiros que cruza cara á Esfarrapa –cuartel da Garda Civil nese momento– Dadín, Corneda, e Xurenzás xa no concello de Boborás).

 Como di o outro! Que quede constancia de que O Siñor Afranio tamén andou por estes lares, e non podía ser noutro mellor sitio que na feira do Tellado, onde o xentío que se xuntaba lle permitía pasar desapercibido, aínda que o comentario da señora o levase a cabilar se se referiría a algúns veciños en situación semellante á del….

Da pluma de Eladio Munín Barreiro, natural do Irixo, parroquia d´A Espiñeira-Carballeda,  de por alá de onde noutro tempo corría en abundancia o corzo, o lobo, o xabarín… ao acobillo das espesas e sombrizas devesas de onde saía o carbón para as vilas da contorna, aluméanos sobre unha convulsa etapa -quizais a que máis- no goberno do concello do Irixo: A política local do Irixo entre 1920 e 1945.

Casa do Concello do Irixo  inaugurada cara 1939 e ampliada a costa da Cámara Agraria Local, cando esta foi transpasada á Xunta e ubicada no Carballiño

En primeiro lugar creo que se bebe destacar o traballo de investigación levado a cabo desde o punto de vista biográfico das persoas que de xeito máis ou menos directo participaron na, -e da política- local nun período de tempo que, máis alá da inestabilidade política a nivel estatal, o caso do concello do Irixo ten sido especialmente vulnerable, quizais non tanto por cuestións ideolóxicas como de intereses persoais. Porque, tampouco se está a considerar un período tan longo de tempo como para que a mudanza constante do bastón de mando na alcaldía estea a cambiar constantemente de man. Destaco o labor de detalle ao que chegou na súa pescuda o autor, porque non só constan en case todos os casos os nomes e apelidos das diferentes corporacións, desde o alcalde de turno, os concelleiros, e equipo de “funcionarios” senón tamén, especialmente no caso dalgúns alcaldes de familias de “renome”, dos seus familiares, e mesmo os  dalgúns criados/-as.

Na Ponte (Casa de 1880). Placa de “TELÉFONOS”. No Campo espazo exclusivo.

Para os/as que nos criamos por estas terras, que foron noutros tempos “vasalos” de xurisdicón laica, coñecida como de Orcellón do conde Monterrei, ou relixiosa da de S. Xoán de Xerusalén de Pazos de Arenteiro, non sei se historicamente esta etapa de vinte e cinco anos pode ser comparable en canto a polémica e ingobernabilidade a calquera outra.

 O autor podía dicilo con outras verbas pero non de xeito máis nidio: ”Ó longo de todo este período, independentemente do tipo de goberno a nivel nacional, monarquía, república ou ditadura, nunca cesaron as pugnas por acadar o poder local”.

En Dadín casa e panteóns familiares “senlleiros”.O valado da sepultura foi roubado

 A loita non se reducía só ao  á rotación na cadeira da alcaldía, senón que, ademais, ao carecer o concello dunha base sólida en canto a infraestruturas administrativas -casa consistorial, cuartel da garda civil-, tamén se aproveitaba para ubicar de xeito inxustificado o translado dos servizo mnicipais. Así, non é raro que ademais da complicidade na “mobilidade” das dependencias municipais, tamén se perdese ou, mellor dito, que se fixera desaparecer aquela documentción que puidera comprometer á corporación saínte, algunhas veces por mandato das urnas e outras por decisión gubernativa, porque a situación era insostible e provocaba confrontación continua entre os bandos rivais. Algunhas das verbas que mellor poden aplicarse a este período de tempo son as de: amiguismo, caciquismo, nepotismo, incluso me atrevería a incluír a de “anarquía”  -e que non se ofendan os anarquistas… pola connotación negativa do contexto).

Casa Grande de Dadín, que foi cuartel da Garda Civil ata os anos setenta. A palleira e a casa familir, que  foron adaptadas como hotel rural, na actualidade clausurado.

 Non vou estenderme máis, porque para iso está o traballo de Eladio, e so recollerei un parágrafo final que resume en grande medida a situación:

“…ata en sete ocasións se traslada a sede do concello de Puente-Irijo ás Campinas e viceversa. Cada troco de sede implica o cese de nomeamento de persoal de oficina, troco de recadador de cédulas, de consumos, de contribucións, depositario, interventor , secretario, alguacil, encargado de presos, o encargado de tallar os quintos, os pedáneos nas parroquias, e os celadores en cada aldea. Non deixa de ser un sistema de control, para que todo estea baixo o seu absoluto dominio”

[-Que máis se podía pedir!!!Só algunha mostra fotográfica actual da miña colleita…]

Con respecto á colaboración de Alicia González Barreiro: Abrigos dos lobos nos somontes do Testeiro, augas ao Miño, e como isto se vai dilatando en exceso, só considerarei a oportunidade do traballo coincidindo coas referencias que a autora relaciona co Camiño Nós, ademais do interese en canto ao patrimonio inmaterial sobre lendas, tradicións, usos e costumes na contorna do concello.Tres son os puntos principais aos que nos translada na estrema entre os concellos de Lalín e do Irixo, en particular nas parroquias de Froufe, da Espiñeira e do Campo e da Cidá.

  E digo catro parroquias -non sei se acertadamente- porque, á parte do interese indudable que ten a información recollida, deixo no aire unha dúbida que se me plantexa cando con anterioridade andei á procura de información sobre algúns dos puntos sinalados de referencia. En concreto, o que popularmente -como ben suliña a autora- se coñece como PENA ALGURA ou PENA ALGHURA  (con gheada), aínda que documentalmente estea acreditado o topónimo como ALBURA. Pero, o que me resulta dubidoso é se realmente esa elevación que identifica como tal será a correcta, porque, na miña humilde opinión e segundo o Catastro ese punto, por enriba de Trabazón, en realidade denomínano como Pena da Hedra (R. catastraL 3204A27600737), en grande medida xa no concello de Lalín; e Pena ALBURA (R. Cat. 36024A 2760038300YA), tamén en parte no concello de Lalín e estrema co Rañadoiro no Campo: R. C.: 32036A03800286000PS), por enriba do Val da Pereira.

 Con respecto ao Camiño Grande ou Real (en terreo de Lalín ao pé da Pena da Hedra, vai caer a Tras da Capilla que antigamente se atopaba na Ermida do medio…).

 Polo tanto, deduzo que hai algún erro, ou ben por parte dos informantes do Catastro ou na actualidade.

Pena Negra e Pena Albura ao fondo. En Catastro esta consta como Pena da Hedra?

Esta apreciación subxectiva non invalida para nada o interese do traballo desde o punto de vista etnográfico e do patrimonio inmaterial en xeral, pero non por iso deixaremos de ratificalo ou revisar a interpretación.

Aínda incluiremos outra referencia mínima ao traballo de José Fernández Fernández: “De San Fiz ao Espiño, polo roteiro dos homes da revista NÓS (1926), sobre o que non imos a estendernos máis que nunhas consideracións básicas, porque xa foi traído a este memo medio en colaboracións anteriores.

 Pero sí debemos agradecer a información relativa a algúns aspectos polo que corresponde á pasaxe polo concello do Irixo, en particular ao momento do xantar dese segundo día de andaina entre O Carballiño e Silleda, para cuxa tarefa se acomodan na casa d´O Zapateiro ( ou de Luísa de Lagarto), –adquirida pola alcaldía  hai uns días- na Ponte, onde degustan un menu local a base de ovos cocidos co seu prebe, xamón cocido con patacas, queixo, pan, viño e café cunha botella de augardente do ribeiro. Ademais de reparar o calzado, botar unha soneca e coller forzas para subir ata o alto da Romiña.

 O que si queremos destacar desta colaboración é a información relativa a dous motivos, dos cales un deles se dá por desaparecido, e o outro a punto de ser incorporado ao seu lugar de orixe. Estamos a referirnos no primeiro caso ao petador que O Risco ve no que daquela  -e aínda hoxe é a casa dos de Rei nas Laxas- e, como dicimos se dá por desparecido pero que o autor do traballo ilustra cos debuxos que V. Risco deixou nos seus arquivos e que describira Xavier Pardo Bedia, o cronista, como “unha figura humana, representada por un labrego vestido á antiga usanza que semella unha momia exipcia”.

 Con respecto a un  Peto de ánimas do purgatorio existente nun cruce de camiños dentro do lugar da Ponte, disque  foi retratado por Risco, e que se conserva na actualidade, aínda que nestes últimos anos había certa preocupación entre os fregueses por se fora extraviado. Pois non, hai poucos días o fornelo que está reservado para el e que viñera ocupando durante moitos anos, poderá recuperar o bicentenario retabliño despois dunha moi dubidosa restauración.

 Dito isto, e coa sa intención de que sirva para un bo fin como pretende ser neste caso o de divulgar en xeral todas as colaboracións, e en particular aquelas que para o caso do Irixo consideramos de maior interese, de cuxo volume forman parte na voluminosa publicación, agradecemos  ao Centro de Estudos Chamoso Lamas a súa angueira encamiñada á salvagarda e posta en valor do Patrimonio, así como pola dinamización de actividades que contribúan a manter vivo o interese pola  difusión do noso. 

CODA:Este domingo día trece de outubro, o concello do Irixo, en colaboración con varias asociacións e concellos polos que atravesa o roteiro, organiza unha réplica da andaina dos homes de NÓS, entre O Irixo e Vilatuxe do que está sendo promocionado como CAMIÑO NÓS, entre Ourense e Santiago. Lembrar, asimesmo, que o 30 de outubro cúmprense 104 anos da publicación do primeiro número da revista NÓS, a que deu nome ao Grupo/Xeración NÓS.  Así que, saúde,  terra e beizón aos  camiñantes…

O Irixo,11 de outono de 2024

Xulio Dobarro Ferradás


Outros artigos de Xulio Dobarro

Xulio Dobarro: do “san Isidro” madrileño ao san Cibrao carballiñés, da man de dona E. Pardo Bazán

Xulio Dobarro: “O IRIXO-CUSANCA (San Cosme e Damián) EN FESTAS: 24 E 25 DE AGOSTO”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo: polas festas do “quince” e o san Roque”

Xulio Dobarro. “O Irixo:Corneda polo señor Santiago (25) e “Os Dolores” (28) (2024) “

Xulio Dobarro. “O Irixo: pola Santa Mariña de Loureiro, a Cidá … e Zobra (18 de xullo)”

Xulio Dobarro. “O Irixo: San Pedro de Dadín e o Regueiro-San Pedro Fiz da Espiñeira e romaría da Virxe do Carme na Pena da Sela”

Xulio Dobarro. “O Irixo: polo San Xoán de Froufe e a Alén senlleira”

Xulio Dobarro. “O Irixo : da terra de Cusanca sesquimilenaria ao santo Antón do Telllado-2024”

Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.

Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”

Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “

Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “

Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”

Xulio Dobarro: “O Irixo: xúbilo dos “guillotes” ou riadaguenses. A garda civil restitúe o ladroízo, coincidindo coa festa do San Lourenzo”

Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”

Xulio Dobarro: “O Instituto de Estudios Carballiñeses na cimeira das publicacións en lingua galega en Galicia”

Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”

Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)

Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”

Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”

Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “

Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “

Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme

Xulio Dobarro. O Irixo: Francisco Ferradás da Pena, ágrafo, mais, filántropo-promotor da primeira escola do concello (1828)

Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “

Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “

Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?

Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III

Xulio Dobarro: Escolma artesanal II

Xulio Dobarro: Outono de vida e morte

Xulio Dobarro: Escolma artesanal

Xulio Dobarro. O Irixo: A Pena da Sela plató de “Carballeira” -Tvg: fusión de tradición e modernidade.

Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”

Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “

Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”

Crónica de Xulio Dobarro: O monte de Saavedra (o Irixo):”o Penedo dos Corvos”: un ben cultural e natural calcinado

Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro

Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)

O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria

A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )

O Irixo-Dadín, berce da poeta Carmen Conde Abellán, mártir, heroína e primeira muller en sentar na R.A.E.

O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu

O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado

O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I

O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “

O Irixo, escaparate centenario da emigración

O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)

O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).

O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)

O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)

O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono

O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”

Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”

Xulio Dobarro fai a crónica da andaina solidaria “Camiña pola Igualdade” que tivo lugar este sábado no Irixo

O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”

Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor

O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”

O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)

O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira

O Irixo: Ramo lírico ( III )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )

O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela

O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro

O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)

O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote

O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”

O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira

O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda

O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ

O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues

O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo

O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa

Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958

Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago

Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo

Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)

Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo

De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.