Club Deportivo Arenteiro regresou onte de terras luguesas cun punto máis na clasificación tra-lo empate (1-1) colleitado no campo do Anxo Carro fronte a Club Deportivo Lugo, nun partido non exento de polémica por unha axustada decisión arbitral que cambiou o marcador final. Unha primeira parte na que houbo alternancia no ataque, con disparos a porta de Javi Moreno polos verdes e Raúl Hernández polos locais, ata chegar a o descanso. Na reanudación, un zurdazo de Pascu obrigou ao porteiro Lavin a un despexe extremo, ao que seguiron Lizancos e Eneko Ruiz con disparos que foron despexados pola defensa do Arenteiro. Ata que no minuto 67, Tarsi abríu á banda dereita para Diego Gómez, que tras un pase a Jordan Sánchez éste centrou ao punto de penalti, onde David Ferreiro rematou de cabeza ao fondo da rede, para facer o 0-1.
Uns dez minutos despois, o árbitro, Gil Soriano, sinala penalti por unha carga na área de Javi Moreno sobre Cuéllar, que foi moi protestado polos xogadores e pola afección verde desprazada ata o Anxo Carro. A pena máxima foi transformada por Bryan Mendoza para poñer no marcador o 1-1 que xa sería definitivo, que consolida a Club Deportivo Arenteiro no segundo posto da táboa clasificatoria, con 22 puntos, á espera da vindeira xornada. Nesta, a décimoterceira, recibirá no campo do Espiñedo ao Osasuna B, oitavo clasificado, con 19 puntos, tras gañar na casa do Bilbao Athletic (0-1).
O adestrador verde, Raúl Jardiel, destacou ao final do encontro o bó xogo despregado por ambolosdous equipos, con alternancia no ataque e boa resposta en defensa. Sobre a xogada do polémico penalti, o técnico prefiríu non dar unha valoración, se ben comentou que este tipo de decisións arbitrais “ás veces benefician e outras prexudican”.