- As nacionalistas rexistraron o pasado venres, día 2 de outubro, a petición de acceso á documentación.
- “O servizo colapsou pola incapacidade do alcalde para solucionar o problema da contaminación e buscar alternativas de subministro; e, por riba, as facturas increméntanse e a veciñanza paga máis que nunca por un servizo incompleto”, manifesta Teresa Garrido.
Desde finais de maio a veciñanza da Merca non dispón de auga para consumo humano, o servizo quebrou pola incapacidade do alcalde para solucionar a contaminación e buscar alternativas de subministro; e, por riba, as facturas increméntanse e a veciñanza paga máis que nunca por un servizo incompleto”, manifesta Teresa Garrido, a portavoz municipal do BNG, que o venres pasado rexistrou unha solicitude de acceso ao expediente municipal da auga coa intención de examinar a actuación do goberno local durante unha crise que se prorrogou ao outono e ameaza con continuar até finais de ano.
O BNG da Merca solicita información de tódalas actuacións levadas a cabo pola alcaldía ao respecto do expediente de arranxo da depuración de auga potábel, e pide comprobar a frecuencia e resultado das analíticas de auga de consumo doméstico nos últimos tres anos, así como os informes das distintas Administracións relativos ao abastecemento, a depuración, o saneamento e o vertido de augas.
Tamén reclama coñecer o expediente íntegro dos contratos administrativos de tódalas obras e as inversións realizadas, e a relación do persoal encargado da depuración, as medidas para garantir a potabilidade e a recollida de mostras para análise da auga de consumo domiciliario.