Bop: Carballeda de Avia cobranza en periodo voluntario do imposto sobre bens inmobles

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

VIDEO

De conformidade co previsto no art. 12 do Real decreto 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, en relación cos art. 23 y 24 do Regulamento xeral de recadación, R.D. 939/2005, do 29 de xullo de 2005, comunícaselles aos contribuíntes afectados que o período voluntario de cobranza do imposto indicado, será do 19 de xuño de 2020 ao 18 de agosto do 2020. Os contribuíntes recibirán no seu domicilio os impresos dos recibos-resgardos de pago, que deberán presentar en calquera oficina de Abanca ou nas oficinas municipais, no período de pagamento antes mencionado, comprendido entre os días 19 de xuño de 2020 e 18 de agosto de 2020, ambos incluídos, coa advertencia de que os recibos non aboados no referido período de pagamento voluntario, determinará o comezo do procedemento executivo, a percepción do recargo correspondente e demais conceptos exixibles, tal e como se fixa no art. 28 da Lei 58/2033 xeral tributaria.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No caso de que algún contribuínte non reciba no seu domicilio os impresos dos recibos-resgardo de pagamento poderá solicitar duplicado nas oficinas municipais, coa advertencia de que o feito de non recibir os impresos non os exime da obriga de efectuar o pagamento no mencionado período voluntario de cobranza, sempre que figure como contribuínte nas respectivas listas cobratorias.