O PPdeG pídelle ao Goberno de Sánchez que “cumpra a súa palabra” e os trens Avril cheguen a Galicia no mes de xullo

IES CHAMOSO LAMAS

Paula Prado e Miguel Tellado realizan unha viaxe en tren desde Ourense a Santiago de Compostela acompañados por deputados autonómicos e representantes do PPdeG nas Cortes Xerais

• Prado dille ao Executivo central que “teña esa consideración” que “deixe de desconectar a Galicia e deixala illada”, lembrando que os galegos tamén precisan un mapa de autobús coherente e solucións ao colapso do viaduto da A-6

HIPER MASIDE

• Tellado lamenta a sensación de que Galicia “non está nas prioridades do Goberno de Pedro Sánchez” e “nunca o estivo”

A secretaria do PPdeG, Paula Prado, e o vicesecretario de Organización do Partido Popular, Miguel Tellado, pedíronlle hoxe ao Goberno de Sánchez que “cumpra a súa palabra” e os trens Avril “prometidos e comprometidos” cheguen a Galicia no mes de xullo.

“Seguimos agardando a chegada do AVE a Galicia. O AVE chegou a Ourense, pero non chegou a Galicia. Non chegou a Santiago, non chegou a Vigo, non chegou a Pontevedra, non chegou a Lugo… Polo tanto, non estamos en absoluto satisfeitos”, sinalou Prado tras unha viaxe en tren desde Ourense a Santiago de Compostela na que estivo acompañada por Tellado, por deputados autonómicos e por representantes do PPdeG nas Cortes Xerais.

Tras resaltar que a nosa Comunidade debe estar na “prioridade” dos investimentos do Estado, a número dous dos populares galegos lembrou que os trens Avril “tiñan que estar xa en xullo e quedan cinco días para que comece ese mes”. “Non é o mesmo para Galicia, nun Ano Xacobeo e en pleno verán con milleiros de turistas, que eses trens cheguen o 1 de xullo que o 20 setembro”, incidiu.

Así mesmo, Prado solicitoulle ao Goberno de España que “teña esa consideración, que deixe de desconectar a Galicia e deixala illada, e tome as medidas que teñan que tomar”, recordando que os galegos tamén precisan un mapa de autobús coherente e solucións ao colapso do viaduto da A-6.

“Estamos vendo como o Goberno central illa a Galicia. No novo plan de concesións de autobuses vemos como suprimiu centos de paradas;  e vemos tamén, co dobre derrubamento do viaduto da A-6, como se illa a Galicia tamén por estrada”, apuntou.

Sobre este último punto, subliñou que as Xunta si está sendo áxil e xa propuxo tres alternativas viables, pactadas con Castela e León, que serán trasladadas nunha reunión co Goberno o vindeiro xoves.

TELLADO: “OS TEMPOS NON SON OS PROMETIDOS”

Pola súa banda, o vicesecretario de Organización do Partido Popular, Miguel Tellado, constatou a “ausencia” dos trens Avril “prometidos e comprometidos” polo Goberno de Sánchez para o inicio do verán. “Os tempos que unen o conxunto de Galicia con Madrid seguen sen ser os que prometera o Goberno central”, abundou.

Tellado lamentou a sensación do PP de que Galicia “non está nas prioridades do Goberno de Pedro Sánchez” e “nunca o estivo”. “Como os galegos non votan socialismo, os socialistas cando están no Goberno abandonan Galicia, que é o que está acontecendo con respecto a estas promesas”, engadiu.

Mentres, segundo recordou, a Xunta de Galicia “fixo os deberes” e proba diso son as estacións intermodais de Ourense ou Santiago, preparadas para a chegada dun AVE que á capital, por exemplo, aínda non chegou. Deste xeito, concluíu solicitando ao Goberno de España “celeridade”, “compromiso con Galicia” e que “cumpra a súa palabra dada”.