Galicia descende preto de 300 casos esta fin de semana baixando dos 2.000 casos activos

A comunidade galega rexistra hoxe 58 contaxios novos, un lixeiro descenso con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.734, unha cifra que descende en preto de 300 casos nesta fin de semana. Do total de pacientes positivos en Galicia, 15 (=) están en UCI, 68 (-15) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un leve descenso. A provincia rexistra hoxe 11 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan en 7 persoas con respecto ó venres, ata os 161 casos activos. Nos hospitais hoxe a situación amosa estabilidade. Contamos con 7 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES