Comeza a celebración dos Magosto, esta fin de semana na Insua e en San Amaro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Insua dos Poetas celebrou o sábado a segunda edición do seu Magosto popular, para os máis pequenos, segundo remarca Luis González Tosar, presidente da Fundación Insua dos Poetas, organizadora dun evento celebrado patrocinado pola Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia e a participación dos concellos do Carballiño, Maside, Boborás e O Irixo. 

Centos de rapaces e as súas familias trasladáronse á Esgueva para participar nun magosto que combinou o aspecto gastronómico máis tradicional -o menú estivo composto por chourizos, castañas asadas e bica- cunha programación marcada polos xogos infantís e as atraccións ecolóxicas, ademais de DJ Tibu e o concerto de Pele Pau. Tamén enlazou o compoñente cultural, ademais do entorno, co sorteo de libros.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Nesta xornada estivo presente tamén o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, quen felicitou á organización pola iniciativa.

E como dicía o delegado da Xunta, comezou a celebración dos Magostos por toda a provincia, tamén o sábado en San Amaro, onde fusionaron esta celebración ca primeira edición da Festa do Viño Novo.

O alcalde, Fernando Redondo, puxo en valor o esforzo de oito veciños, que producen viño nestas terras como o facían os antepasados, e estes dous eventos mesturados foron o seu primeiro escaparate.