San Cristovo de Cea busca dous peóns forestais para o plantel municipal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello de San Cristovo de Cea aprobou as bases para a selección e posterior contratación de dous/dúas peóns/peoas forestais. A duración do contrato será de seis meses e de tipo temporal laboral.

O prazo de presentación de solicitudes será nos cinco días naturais seguintes ao de publicarse o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no Rexistro Xeral do Concello de San Cristovo de Cea, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres; ou en calquera dos medios establecidos na lei. As bases poderán ser consultadas na sede electrónica do Concello de San Cristovo de Cea, no taboleiro de anuncios municipal ou nas oficinas municipais do Concello.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO