O Psoe pídelle explicacións á Xunta polo tardanza no pago dos anticipos da pac

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

. O deputado socialista Martín Seco pediulle explicacións hoxe á Xunta de Galicia polo retraso sistemático no pago dos anticipos da PAC, que están en “caída sistemática” dende o ano 2009, agás nalgúns exercicios. De feito, incidiu en que “nos últimos tempos págase menos do importe autorizado pola Comisión Europea, que se fai máis tarde de forma recorrente e a menos beneficiarios”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Como mostra máis evidente desta situación, Martín Seco explicou que, neste exercicio -a 27 de outubro e case 15 días despois da apertura do prazo de pago- “non se tiñan producido ingresos en Galicia do anticipo da PAC”. “Mentres”, subliñou, “no resto de España xa se tiña procedido a pagar centos de millóns de euros”.

Neste contexto, o deputado socialista tamén reclamou explicacións do goberno galego pola “campaña inédita” activada en xullo de 2020, “xusto ás portas das eleccións autonómicas”. Esa campaña, que “sorprendentemente só se formulou en ano electoral” e non se mantivo este exercicio, consistía na concesión de préstamos de anticipo das axudas da PAC mediante convenios con diferentes entidades bancarias, que recibían un 1 por cento do total dos préstamos concedidos.

A xustificación desta actuación estaba en dotar de liquidez aos beneficiarios das axudas da PAC en Galicia e “era a primeira vez que  que a Xunta priorizaba que os beneficiarios das axudas da política agrícola común en Galicia se financiasen a través de créditos con entidades financeiras, en lugar de axilizar o pagamento dos anticipos”.

Neste contexto, Martín Seco tamén lamentou o resultado desta iniciativa, xa que de 30.000 beneficiarios previstos, só pediron o préstamo o 5,9 por cento. Así, dos 2 millóns de euros que se estima dedicar a estas axudas, adxudicáronse menos dun 11 por cento e, xa que logo, “a inxección de liquidez quedou en menos dunha décima parte da prevista pola Consellería”.

Para o deputado socialista, esta iniciativa foi, polo tanto, “unha solución efectista comprada a entidades bancarias e pensada en termos de imaxe pública e campaña electoral permanente que quedan en nada”. Lamentou, ao mesmo tempo, que o goberno galego se manteña na liña do “efecto propagandístico” no canto de “reforzar os equipos de xestión pública para conseguir un anticipo da PAC o 16 de outubro de cada ano polo importe máximo e ao total de beneficiarios”, o que si sería un exemplo da importancia da resposta pública aos problemas do agro galego”.

Ademais da situación dos pagos da PAC, Martín Seco tamén evidenciou o baixo grao de execución dos fondos de desenvolvemento rural FEADER fronte “as mentiras da Xunta”. Neste caso, o nivel sitúase no 54 por cento, sete puntos por debaixo da media europea ou, por exemplo, 16 puntos por debaixo do nivel de execución de Asturias. “Menos mal”, enfatizou o deputado socialista, “ que houbo unha prórroga para estes fondos”.