Xulio Dobarro Ferradás.  Excatedrático de Lingua galega

Publicidade

Natural de Saavedra de Dadín e de Casares do Campo (O Irixo).Data de nacemento: Verán de 1956.As primeiras letras recibinas na escola de Casares do Campo e despois dun breve período de tempo na escola de Dadín, pasei a Ourense ao colexio Padre Feijjoo-Zorelle en réxime de internado.No ano 1975 chego a Compostela onde vou obter a Licenciatura en Filoloxía Románica.A partir do ano 1981 inicio a andaina como profesor de Lingua Galega en Santiago e a continuación: Celanova-Bande, Verín-Xinzo e Vigo. Nesta cidade, na que resido actualmente, impartín clases,fun director, obtiven a cátedra de lingua e literatura galegas e xubileime no ano 2016.

 Nestes días de invernía, cando as folerpas cobren de branco os montes do Testeiro, vén de cumprirse o vixésimo quinto aniversario do pasamento de Emilio Duro Peña, o pasado 12 de novembro, que foi enterrado no camposanto da igrexa parroquial da Cidá ( O Irixo), aínda que el nacera hai101 anos preto dos cumios alombados do Uceiro, no lugar de Froufe, da parroquia homónima, do concello do Irixo.

Emilio Duro Peña

 A súa modestia, humildade, xenerosidade e devoción cristiá, que recoñecen todas as persoas que tiveron relación con el, non impide que tamén no fondo latexe un certo espírito reivindicativo e solidario, tal e como se desprende da lectura dalgúns dos seus traballos nos que se manifesta un estilo fluído, con certa ironía, e crítica social do propio estamento ao que el pertencía, o clero. Así acaba  mostrando a solidadaridade coas clases máis defavorecidas, en particular, os labregos, que eran, por outra parte, os que el mellor coñecía, e, non entende, por exemplo, como se aplicaban unha serie de cargas a aqueles, quedando practicamente na miseria despois de ter cumprido con todos os recadadores. Vexamos, por exemplo, o que na súa opinión se viña arrastrando no seo da igrexa: “El pueblo no ha salido de la edad Media hasta hace muy poco, si es que ha acabado de salir. Sumido en un círculo maldito del que será incapaz de evadirse  por si solo y del que nadie -ni siquiera la iglesia- se decida a sacarlo.”

 Despois de analizar os ingresos medios dunha parroquia, tomando como base os datos do Catastro de Ensenada conclúe, -non sen certa ironía- : “Claro está que no se contabilizan el aire y el agua, las moras de las zarzas, que no diezmaban, alguna caza furtiva, la leña del monte, y para de contar.” e continúa engadindo  outra serie de adversidades que había que sumar a todas as cargas anteriores como: a climatoloxía que algúns anos estragaba as colleitas, que se as pestes e os lobos diezmaban o gando, os lumes que arrasaban coas eiras, casas de morada, palleiras, etc. cando non había que contribuír por causas de guerra con homes, en especie, en servizos ou en metálico, ademais das enfermidades, e os escribáns para contratos, apeos, prorrateos e algún embrollo xudixicial. En resumo: “El labrador quedaba entonces en la auténtica miseria,pasaba hambre, se endeudaba sin remedio y perdía sus bienes, si algunos tenía, en manos de la usura. En tales circunstancias, el monasterio -es justo reconocerlo- ayudaba cuanto podía , prestaba fruto, esperaba por las rentas, perdonaba el señorío, defendía a sus vasallos.Pero la situación del campesino de entonces era siempre sombría y a veces dramática”. Dentro do propio estamento eclesiástico, e á parte de todas as cargas ás que  estaban obrigados os labregos por décimos, luctuosas, e votos diversos, por exemplo o de Santiago Apóstolo, considera que “tiene aires de despojo de una iglesia local al servicio suntuoso de otra iglesia supuestamente superior”, ademais de cuestionar o sistema de presentación que tiñan que render as igrexas a catedrais, mosteiros ou señores.

 En fín, o noso, cóengo, arquiveiro e historiador, aínda ten tempo para reflexionar sobre unha idea que xa viña de antigo, de cando o Padre Sarmiento xa reivindicaba para Galicia que cregos e mestres debían coñecer a lingua galega, e deste xeito se evitarían malos entendidos como o que o monxe nos relataba de cando unha muller que se fora confesar cun crego de fóra lle dixera que “trebellara” co seu marido e o confesor lle impuxo como penitencia que podía trebellar canto quixese, agás os domingos e festas de gardar. Así, Emilio suliña: “Que simbiosis afectiva  podía darse entre estos abades y monjes castellanos y la masa rural de foreros, vasallos y feligreses gallegos?…”Así se explica que la lengua gallega haya desaparecido en absoluto de los escritos tanto administrativos como literarios, de la burocracia, de buena parte del mercado y hasta de la predicación. Se conservó el idioma gallego en el pueblo, casi por milagro, y debido al arraigo ancestral, al aislamiento y a la carencia de escuelas públicas”.

 Pero a cuestión “nacional” non a reduce só á Lingua,porque a seguir refírese a que “El Regionalismo gallego data de mediados del siglo pasado [XIX].El monacato y aún la misma iglesia eran una parte considerable, pero sólo una parte de las fuerzas vivas de Galicia. La frase de Castelao: “O Galego non pide, emigra” no pasa de ser una marga ironía.” E enfatiza: “Lo noble, valiente y eficaz hubiera sido no la huída cómoda y cobarde, sino la lucha, el esfuerzo propio, la solidaridad apretada, la iniciativa inteligente, y hasta la audacia temeraria frente al desamparo del poder central”.

 “Dita missa est”. Con estes retallos entresacados da súa obra cremos que queda reflectida de xeito transparente a súa dignísima opinión con respecto a moitas controversias sobre a evolución social de Galicia, aínda que, quizais, e tal e como comentan os seus máis achegados, por exemplo, J. Ramón Estévez, cóengo da S. I. catedral de Ourense: “Un pouco especial no seu trato, nada amigo da fachenda, correcto i esixente, pero sempre veraz e humilde, calado e traballador, nunca andivo á percura de placeres e publicidade”, e para aqueles que aínda non se deron conta dos seus méritos engade: “Quen me dera ter no meu municipio persoeiros tan egrexios como teñen as terras do Irixo, dende o P. Afonso de Cusanca, bispo de Ourense no século XV, ata D. Emilio Duro, de Froufe, o gran medievalista galego e investigador do monacato, amigo apreciadísimo de D. Antonio Odriozola, o insigne bibliógrafo de fama internacional” (Ágora do Orcellón, nº 21: Edita Instituto de Estudios Carballineses, ano 2000)

 Pois ben, sen dúbida, sería para el un motivo de inmensa satisfacción que, no escondido cemiterio da Cidá, “alguén” lle achegase  a nova que nestes días saltou á actualidade por terse producido o que poderiamos interpretar como un agasallo divino para celebrar o seu vixésimo quinto cabodano, porque foi el quen no ano 1977 na súa extensa e intensa publicación, “El monasterio de San Esteban de Ribas de Sil” se facía eco da existencia dos nove aneis dos nove santos bispos e na fin do capítulo adicado a eles conclúe, así: “Por cierto, ¿que se ha hecho de los anillos? Posiblemente los llevaros los monjes, pues eran suyos.

 Con respecto á categoría moral e intelectual de D. Emilio, o responsable da redaccción da lapela que acompaña a publicación, sinala: “El autor de este libro suele autodefinirse como un modesto archivero de provincias y así es . Modesto, hasta rehuír toda publicidad, quizás en demasía, y archivero de vocación probada y dedicación gozosa”.

Foto libro de Emilio Duro

 Por parte da Real Academia de Historia, da que foi elixido como membro correspondente no ano 1977, recollemos esta breve reseña: “Poseía cualidades innatas para el cargo de archivero. A pesar de no estar especializado en la materia, con su inteligencia y su trabajo callado pero constante se fue formando hasta llegar a ser quizá el mejor archivero de las catedrales de Galicia y uno de los mejores de España.”

     OS NOVE SANTOS BISPOS E O ACHÁDEGO DE CATRO DOS ANEIS

 Por que agora este remexer na vida e obra  de D. Emilio? Pois, porque hai unhas semanas produciuse a  descuberta de catro dos nove aneis dos nove santos bispos de Santo Estevo e dáse a singular coincidencia que ao mesmo tempo se publica a novela de María Oruña (Vigo, 1976), en castelán “El bosque de los cuatro vientos” e en galego “O souto dos catro ventos”.

Catro dos aneis atopados

 Os responsables da restauración dos retablos, Vania López e Camilo Salgado, seguramente tiveron moi presentes as orientacións que  D. Emilio publicara en 1977 e máis aínda a autora María Oruña tal e como recoñece de maneira explicita nos apéndices da novela nos seguintes termos:

Investiguei durante meses. Do mesmo xeito que lle sucedeu ó protagonista da novela, Jon Bécquer, o traballo de Emilio Duro Peña sobre o monacato resultoume impagable. O seu libro “El monasterio de San Esteban de ribas de Sil”, publicado en 1977 polo Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijoo, da Deputación Provincial de Ourense, serviume de partida de incalculable interese. Deste famoso arquiveiro aprendín que <<a historia sempre é algo inacabado>> e que, en efecto, os nove bispos atoparan sepultura no claustro ó que lle daban nome, pero nunca baixo o pavimento.Tres deles sobre o chan, e outros seis alzados e sobre aquelas paredes cheas de pinturas vellas que agora resultaban indescifrables. Tiña sentido, pois xusto aquela parede era a que daba á igrexa, encostada ó mosteiro”.

Santo Estevo Ribas Sil

 Polo que respecta á consagración dos nove bispos, non se chegou a completar aínda que houbo varios intentos ao longo da historia, pois tal e como sinala o cóengo trasladáronse varias consultas á Sagrada Congregación de Ritos e conclúe: ”Los nueve santos obispos quedaron, pues, definitivamente sin rezo y misa propios, aunque la aureola de santidad y la veneración del pueblo continuara en la comarca hasta la desaparición del monasterio” .

CLAUSTRO DOS SANTOS BISPOS

 Como queda dito, D. Emilio adica un capítulo completo ao estudo dos nove aneis e os santos bispos, e, de cando en vez, nalgún dos outros capítulos introduce algún comentario como por exemplo este, dentro do apartado adicado ao estudo do “Médico y botica” :”Y tras la enfermedad, la muerte inexorable. Pese a médico y botica, misas “pro infirmis” y al talismán de los anillos de los santos obispos”. O que  transmite unha certa incredulidade e impotencia fronte á morte, que con respecto aos monxes engade. “Se ha dicho que los monjes se juntan sin conocerse, viven sin amarse y mueren sin llorarse .Sin desdeñar del todo esta amarga filosofía, no podemos aceptarla como norma. Infinidad de veces, sin duda, los monjes de San Esteban se amaban en vida y se lloraban en muerte. Una muerte en la familia, aunque sea monástica, es siempre un acontecimiento y una lección para aprender y meditar”.

 Polo que respecta ao traballo de investigación de María Oruña para a novela di que os cinco aneis milagrosos que faltan “pudieron haber sido robados o perdidos” pero parécelle “raro” que “se perdieran los cinco anillos de un lateral y falten los del otro, del conjunto de nueve anillos sobre los que realizó un estudio Miguel (sic) Duro Peña” (Faro de Vigo, 3-12-2020).

 A escritora viguesa advirte “que no se pueden dar por perdidos los cinco anillos restantes” y que “no va a adelantar “ninguna hipótesis” de los datos e intuiciones que tiene”. O que non deixa lugar a dúbidas é que os milagres, a lenda ou a fantasía teñen unha compoñente real que ten moito que ver coa liña de  interpretación de D. Emilio ao sinalar que o mosteiro gardou celosamente os seus restos mortais  (dos nove bispos), e na súa lembranza levou ao seu escudo (do mosteiro) como timbre heráldico, as nove mitras que aínda ostenta (1977). D. Emilio dá os nomes deses nove bispos e engade a sé de procedencia, seguindo a outros investigadores: Ourense, Coímbra, Iria,ou Astorga, para engadir de seguido que esa procedencia sexa confusa e precise ser aclarada.

 Hai coincidencia na opinión, entre o cóengo e a escritora, en canto ao destino que puideron seguir os cinco aneis restantes. Así el indica que “En el siglo XVI trató el monasterio de conseguir “rezo y misa” para los santos obispos”…que posteriormente solicitan do bispo de Ourense e despois dun longo proceso, dilixencias e testemuñas. “Todos coinciden en el culto inmemorial a las santas reliquias “ así como que “venían de muchas partes y provincias peregrinos y romeros a visitar las reliquias y huesos de dichos santos y obispos” para finalmente engadir que “la parte más interesante de las declaraciones es la referente a los milagros obrados por los anillos” (no se dice cuántos) “que dicen haber sido de los santos obispos” que estaban “en una “caxilla que estaba en el caxón de la plata y se daban a los enfermos que venían a casa a pedirlos, particularmente a cuartanarios y tercianarios, y en sanando  los volvían; o se los llevaban, cuando no podían venir a recogerlos, y al ponerlos con devoción, tocarlos, aplicar el agua pasada por ellos a la parte enferma o beberla sanaban rápidamente”.

 E. Duro Peña engade que as curacións que se lle atribuían ao poder sanador dos aneis foron, entre outras as que tiveron como afortunados: unha nena cega de nacemento, un tullido, un home que se quedara mudo durante quince días, unha muller que sin esperanza de vida sanou dunhas quentura, e aqueles que “ La sola presencia de los anillos, incluso escondidos, alborotaba y ponía frenéticas a endemoniadas como…”

 Á espera de poder ler a novela na versión en lingua galega, pregúntome se non estaremos ás portas dun filón narrativo, ao xeito do Santo Grial, que na vez do santo vaso que recolleu o sangue de Cristo, se trate duns aneis milagrosos que gardados neses saquiños tan xeitosos de seda da comarca e dentro da “caxilla” tiveran eses poderes sanadores.

 Parabéns aos restauradores polo seu achádego, a María Oruña pola súa novela e, de maneira especial, a E.D.P que E.P.D. na soedade do cemiterio da Cidá ao abrigo do castro milenario e das abeleras; que  a pesar da súa misantropía saltaría de xúbilo por esta case milagrosa coincidencia. Polo tanto,e tal e como queda dito pola autora, a novela é debedora en grande medida ás súas ensinanzas, o que aproveito para  reivindicarmos o seu recoñecemento público e notorio,por parte de quen corresponda, sobrademente merecido pola súa obra tan basta e rigurosa.

————————————————————————————————–

Curriculum de Xulio Dobarro Ferradás

Natural de Saavedra de Dadín e de Casares do Campo (O Irixo).Data de nacemento: Verán de 1956.As primeiras letras recibiunas na escola de Casares do Campo e despois dun breve período de tempo na escola de Dadín, pasou a Ourense ao colexio Padre Feijjoo-Zorelle en réxime de internado.No ano 1975 chegou a Compostela onde obten a Licenciatura en Filoloxía Románica.A partir do ano 1981 inicia a andaina como profesor de Lingua Galega en Santiago e a continuación: Celanova-Bande, Verín-Xinzo e Vigo. Nesta cidade, na que reside actualmente, imparte clases,foi director, obten a cátedra de lingua e literatura galegas e xubilase no ano 2016.