O BNG solicita a reapertura da comisión de investigación de urbanismo

O Grupo Municipal do BNG pide, ante as graves acusacións do promotor, a reapertura da Comisión de investigación, pechada hai algunhas semanas, e que lonxe de aclarar os feitos, xerou moitas máis dúbidas.

Publicidade

No día de hoxe, o promotor do edificio sito ao carón da Igrexa dos Franciscanos no Parque de San Lázaro, ven de remitir un escrito no que relata unha serie de acusacións moi graves, segundo o BNG, sobre determinados funcionarios do departamento de urbanismo.

Igualmente carga contra o anterior concelleiro, Cudeiro Mazaira e mesmo cuestiona o interese e dilixencia da actual responsable, Sonia Ogando, de querer esclarecer os feitos.

No BNG apremian á concelleira a respostar aos escritos e solicitudes formuladas polo promotor e poder así, clarexar dunha vez por todas o acontecido ao tempo que afirman que de considerar infundadas as acusacións do promotor, o lóxico sería que o concello acudise ao xulgado en defensa dos intereses municipais e da propia imaxe da institución.

O Grupo Municipal do BNG pide, ante estas graves acusacións, a reapertura da Comisión de investigación, pechada hai algunhas semanas, e que lonxe de aclarar os feitos, xerou moitas máis dúbidas.