A CEO pon en marcha un Laboratorio de Iniciativas Sostibles a través da Rede Eusumo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Confederación Empresarial de Ourense pon en marcha o Laboratorio de Iniciativas Sostibles, unha aposta polo fomento da competitividade do tecido socio-económico da provincia de Ourense, así como a promoción do emprendemento, a economía social e a sustentabilidade nos próximos anos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Mañá, a CEO acollerá a presentación deste proxecto, contando coa presenza de Covadonga Toca, directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, e a presidenta da CEO, Marisol Novoa; ademais dos responsables de Aula Inversa, Dani Diéguez e Eva Castro, que explicarán as actividades que se desenvolverán dentro desta iniciativa deseñada, sobre todo, para pemes e persoas emprendedoras que buscan unha revisión dos seus negocios en busca de melloras.

Presentación do Laboratorio de Iniciativas Sostibles
Lugar: salón de actos CEO – Praza dás Damas, 1, Ourense
Data / horario: xoves, 10 de marzo, 2022 / 11 horas
Interveñen:
Covadonga Toca – directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Marisol Novoa – presidenta da CEO
Dani Diéguez e Eva Castro – fundadores de Aula Inversa