Os talleres físicos e emocionais para mulleres do rural rematarán esta semana

IES CHAMOSO LAMAS

“Encontros de saúde física e emocional para mulleres” é o título do taller que estivo en marcha durante cinco sesións en diferentes parroquias do rural do Carballiño, destinado ás mulleres. Estama semana será a última e foron todo un éxito de participación.

Os horarios serán mañá martes 23 de novembro, ás 15:30 no local social de Santa Uxía de Lobás, para as parroquias de Pol, Piteira e Santa Uxía; e ás 18:00 horas no local de Arcos, para as parroquias de Seoane, Uceira e Arcos.

OZOCOgz Deseño Galego

O mércores 24 de novembro, primeiro no de Mudelos, para as parroquias de Veiga, Madarnás e Mudelos; e logo no Bo Día Familia do Carballiño.

E o xoves 25 de novembro, primeiro en Sagra, para as parroquias de Mesego, Banga, Cabanelas e Sagra; e logo no Torrón, para as parroquias de Señorín, Partovia e Torrón.