A Xunta porá en marcha axudas para incentivar o consumo e a súa dixitalización

16,00 h.- O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e a directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, manterán unha reunión co sector do comercio galego. foto xoán crespo 12/02/2021
----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión coa Federación Galega de Comercio e as catro federacións provinciais para avaliar e consensuar o plan de medidas de apoio ao sector.

Esta semana abriuse o prazo para solicitar as axudas á segunda convocatoria deste Plan de rescate que, entre outras novidades, eleva a contía máxima das axudas a case 16.000 euros para as actividades máis afectadas polos peches e restricións. Deste xeito, un negocio ou establecemento que se beneficie das súas convocatorias podería recibir en catro meses desde 3.400 euros ata un máximo de 24.200 euros.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Para acceder ás axudas, empresarios autónomos e microempresas deberán acreditar baixadas de facturación en 2020 de polo menos o 45% fronte aos datos de 2019. No caso da hostalaría e establecementos doutros sectores, bastará con que estivesen afectados polos peches e restricións que por mor da covid-19 se ordenaron no mes de xaneiro.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------