A Guía Paadín premia a calidade de 224 viños do Ribeiro

Un total de 224 viños da D.O. Ribeiro, resultaron como distinguidos pola Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2021, do sumiller, docente e catador, Luis Paadín e editada por Paadín.es. 21 referencias acadaron medalla de Gran Ouro, 148 viños medalla de Ouro e outras 55 marcas foron distinguidas con medalla de Prata.

A presentación da guía realizouse hoxe pola mañá na nova sede do Consello Regulador, en Ribadavia, da man dos propios autores da publicación, Luis e Alejandro Paadín, e do presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares. Este último comentou que “cada ano percibimos un incremento no número de distincións e isto é unha enorme recompensa ao bo facer dos viticultores e adegas da Denominación de Orixe”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2021

É o noveno ano consecutivo que esta Guía se edita polo sistema de micro-mecenazgo,  con 480 páxinas a cor e estando exenta de publicidade. Recolle máis de 1.500 viños e destilados catados de máis de 500 adegas e destilerías. Inclúe ademais mapas litolóxicos, de relieve, climáticos e publiométricos de todas as DD.OO. E por último inclúe tamén unha novedosa árbore xenealóxica dalgunhas variedades de uva ancestrais de Galicia, así como unha ampliación de sinonimias e homonimias alcanzando a máis de 300 nomes de uvas galegas.