Manuel Baltar define o 2022 como “un ano que ha catapultado á EHTTA a un novo nivel”, con fitos como a alianza coa OMT ou o Congreso Internacional de Turismo Termal

Videoconferencia Manuel Baltar (Presidente da EHTTA) coa Asamblea da EHTTA.

O presidente da Deputación e da European Historic Thermal Towns Association (EHTTA), Manuel Baltar, abriu esta mañá a Asemblea Xeral desta rede europea de cidades termais, celebrada de forma telemática.

O presidente da Deputación de Ourense deu a benvida aos novos membros da EHTTA -Stéphane Barthe por Bagneres-de-Bigorre e Andriy Kulchinsky, da cidade ucraína Truskavets- antes de agradecer o traballo desempeñado por Caldes de Montbui na organización da anterior asemblea xeral, un recoñecemento que fixo extensivo a todo o equipo da EHTTA polo seu labor durante este ano e polo comité organizador do Congreso Internacional de Turismo Termal celebrado en Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

Precisamente, a cita internacional que acolleu Ourense en setembro foi un dos fitos nos que apoiou Manuel Baltar para definir ao 2022 como “un ano no que a EHTTA e todo o termalismo europeo hase catapultado a outro nivel”, con iniciativas como a campaña coa European Travel Commission, “coa que promocionamos fóra de Europa cultivando un feedback tan positivo como alentador”.

O presidente da Deputación fixo na súa intervención balance do ano, remarcando a importancia da alianza coa Organización Mundial do Turismo (OMT), a primeira asinada por esta axencia das Nacións Unidas no sector termal. “A OMT converteuse nun socio fiable da EHTTA e está moi solicitado nas nosas actividades. Hoxe podemos dicir con orgullo que, grazas a nós, o turismo termal está agora na súa axenda”.

Videoconferencia Manuel Baltar (Presidente da EHTTA) coa Asamblea da EHTTA.

“Asinar o Memorando de Entendemento coa OMT foi un paso moi crucial e importante”, explicou Manuel Baltar, que lembrou que “tamén foi a OMT a que nos animou encarecidamente a asinar a Declaración de Glasgow sobre a Acción Climática no Turismo”. Ambas as novidades estiveron enmarcadas no Congreso Internacional de Turismo Termal, “que con máis de 270 participantes de 22 países foi un éxito non só para a EHTTA, senón para Ourense e Galicia”.

O presidente a Deputación destacou que con estes fitos, o nome da EHTTA “gañou un novo recoñecemento. Estamos a construír sobre este traballo, e estou moi orgulloso de ver á asociación traballando neste novo nivel, cun enfoque transnacional”.

De fronte ao futuro, Manuel Baltar avanzou o reforzo do “posicionamento global” do termalismo como “un produto turístico de primeiro nivel” e con citas como o 74ª Congreso Internacional da Federación Mundial de Termalismo e Climatoterapia (FEMTEC): “Cunha dinámica de traballo común, as cidades e vilas termais máis importantes de Europa estamos a conseguir importantes froitos, e con Ourense asumindo un papel predominante”.