No Irixo contratación de 10 traballador@s para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios

Publicase hoxe no BOP

Por resolución da Alcaldía, de data 27 de xuño de 2022, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadores para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Irixo para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais.
Número e denominación das prazas: 2 brigadas para a prevención e defensa contra incendios forestais (2 xefes de brigada, 2 condutores e 6 peóns).
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal para mellora da ocupabilidade e da inserción laboral a tempo completo.
Duración do contrato: 3 meses.
Sistema de selección: concurso-oposición.

AVANTAR ACTIVIDADES

Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación no BOP do anuncio de convocatoria, prioritariamente no rexistro electrónico do concello:
(oirixo.sedelectronica.es) ou, no seu caso, no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
Máis información nas bases especificas da convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello do Irixo en horario de oficina e na sede electrónica:
http://oirixo.sedelectronica.es/