A Biblioteca de Boborás recibe un lote da colección persoal de Manuel Chamoso Lamas

A Biblioteca de Boborás recibiu a pasada semana un lote de libros da colección persoal do historiador Manuel Chamoso Lamas, un cadro pintado por Chamoso Lamas e un retrato que lle fixeron a él. Todo isto foi entregado pola súa filla Ángeles Chamoso e a súa neta Cristina Eisermann Chamoso. Dende o concello aseguran que esta incorporación estará dispoñible para o público o antes posible, cando a situación sanitaria do Covid-19 o permita.

A biblioteca atópase dentro do Edifício Sociocultural de Boborás que leva o nome do historiador e arqueólogo de Moldes, Manuel Chamoso Lamas. A continuación amosamos algunhas fotos realizadas durante esta entrega.

AVANTAR ACTIVIDADES