A III edición da Mini BTT Estacións Vivas reunirá este domingo a máis de 300 rapaces de toda Galicia

Presentación da III Mini BTT "Estacións Vivas" a desenrolarse en Baños de Molgas. Asisite a presentación Rosendo Fernández (VicePresidete da Deputación Ourense), Manuel Pérez González (Xefe Territorial de Deportes da Xunta de Galicia), Xaime Iglesias (Alcalde de Baños de Molgas), Carlos Moure (Organización) e Jorge Villarino (Grupo La Región).
IES CHAMOSO LAMAS

A competición sumará 15 probas para nenos e nenas de entre 5 e 14 anos, no circuíto permanente de BTT habilitado fronte á estación de tren de Molgas

O vindeiro domingo 22 de maio, voltará a celebrarse na localidade de Baños de Molgas unha das grandes citas do ciclismo de montaña de categoría infantil, a III edición da Mini BTT Estaciones Vivas, proba organizada pola Fundación ADO Moure Pro-Deportes e a Deputación de Ourense a través do Inorde. 

HIPER MASIDE

A presentación da competición tivo lugar esta mañá na sala de prensa do Pazo Provincial, acto no que estiveron o vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Baños de Molgas, Xaime Iglesias; o xefe de servizos de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez; o presidente da Fundación ADO Moure Pro-Deportes, Carlos Moure, e o representante do Grupo La Región Jorge Villarino. 

Esta proba, que albergará a máis de 300 nenos de toda Galicia, contará con 15 probas diferentes repartidas en 13 categorías para rapaces de entre 5 e 14 anos no circuíto permanente de BTT habilitado fronte á estación de tren de Molgas.