Podemos Galicia insta a seguir avanzando en igualdade para que a pandemia non reste dereitos ás mulleres

Nun 25N atípico pero igualmente combativo queremos reivindicar a necesidade de seguir pulando pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres

Podemos Galicia vén de rexistrar mocións nos distintos concellos galegos para urxir solucións ás situacións que están a vivir moitas mulleres e que a pandemia agrava

Desde o Círculo de Ourense reiterar a nosa crítica a total ausencia de actos deste ‘desgoberno’ local para reivindicar unha data se cadra hoxe máis necesaria

PUBLICIDADE ELECTORAL

É un 25 de novembro atípico nun ano complexo pero non será un día máis. Neste 25N, Día Internacional da Eliminación das violencias contra as mulleres, desde Podemos Galicia reivindicamos a necesidade de seguir avanzando en igualdade para que esta pandemia non teña outra derivada no retroceso nos dereitos das mulleres, tan dura e paseniñamente conquistados.

A Covid cobrouse moitas vidas e ten cativas outras. É innegable que hai un drama humano detrás de cada muller confinada xunto ao seu agresor. Situacións ben complexas ás que se resposta desde o Ministerio de Igualdade con novas políticas adaptadas a este contexto excepcional para ás vítimas das violencias pero tamén a outros colectivos feminizados e vulnerables como as mulleres en situación de prostitución ou trata e as empregadas domésticas.

Co gallo desta data, amosamos unha fonda preocupación en relación a outras cuestións que temos constatadas e que fan pensar nun retroceso dos nosos dereitos camuflado administrativamente baixo o manto groso da pandemia contra o que alzamos a voz. No concreto, desde o Círculo de Ourense, reiterar a nosa crítica e asombro pola ausencia total de actos na programación do 25N deste dislate de Goberno que padecemos na cidade e que ignora absolutamente a reivindicación dunha data se cadra aínda máis necesaria hoxe para darlle visibilidade as dificiles situacións que están a padecer moitas mulleres ourensás e que a pandemia non fixo, senon, agravar. 

En primeiro lugar, a lentitude dos procesos administrativos na inclusión das mulleres vítimas de violencia de xénero na rede de acollida, ilustran a necesidade de reforzo dos servizos de xestión. Unha dilación que segundo denuncian nalgúns CIM municipais (Centro de Información ás Mulleres) fai que as vítimas afonden no desamparo e retornen á convivencia co maltratador. Instamos e urximos ás Administracións responsables a que adopten no inmediato os reforzos precisos para non demorar situacións dramáticas que afectan a tantas mulleres e menores.

Asemade, dende colectivos como Embarazadas Galicia ou a Asociación Galega de Matronas (AGAM) estase a denunciar unha vulneración dos dereitos reprodutivos das mulleres ao carecer dun protocolo unificado que estableza se poden ficar acompañadas no parto, sexan ou non positivo por Sars-Cov-19, e piden que se garanta o contacto pel con pel e a lactación materna nos casos nos que a situación médica o permita sen riscos para nai e filla.

Curiosamente, á par que a COVID19 nos sinala a importancia dos coidados que sosteñen a vida, agrávanse as dificultades de conciliación nunha sociedade na que a carga se traslada ás familias e, maiormente, ás mulleres. Temos aínda moi presente como a crise de 2008 se resolveu con máis precariedade e desigualdade para as mulleres polo que insistimos na necesidade de continuar dando pasos cara diante e que a crise da COVID19 non se resolva cunha nova perda de dereitos

Durante este 25N Podemos Galicia lanza, ademais, unha campaña de apoio ás mulleres TRANS nun momento clave para a consecución de dereitos deste colectivo coa colaboración de Rebeldía Galicia. Facemos un chamamento ás institucións e á unidade da sociedade en torno ao movemento feminista e á procura de consensos que caracterizou o recente período de mobilizacións nos que o feminismo foi quen de poñer as súas demandas na axenda política e mediática. Nin un paso atrás.

Vai o noso grito para que este 25N sexa un 25N morado e combativo, non un día máis, que a pandemia Esta crise derivada da Covid non poden agochar outras duras realidades que este foco está a deixar nun segundo plano pero que temos moi presentes para non dar un paso atrás.