martes día 30: Presentación do número 6 da Revista Mazarelos

Publicidade ASPADISI

O martes 30 de novembro a revista de historia e cultura Mazarelos presentamos o número 6 na Fundación Vicente Risco de Allariz.

No acto participarán Celia Pereira Porto, presidenta da Fundación; Susana Reboreda Morillo, decana da Facultade de Historia da Universidade de Vigo; Miguel Rodríguez Martínez, editor de Mazarelos e Iria-Friné Rivera Vázquez, patroa da Fundación Vicente Risco e colaboradora de Mazarelos.

HIPER MASIDE

O número 6 da revista conta con artigos sobre a emigración galega, arqueoloxía, antropoloxía, metodoloxías artísticas na recuperación do rural.

Tamén conversamos coa socióloga Antía Pérez Caramés e o historiador Isidro Dubert sobre os mitos existentes acerca do chamado “problema demográfico” de Galicia.

A revista remata co proxecto da asociación de desenvolvemento rural Nordés, que leva a cabo un ambicioso programa de actividades no Ortegal.